A A.V. de Teis, demanda que unha parte dos remanentes se destine a construción de beirarrúas e a mellora do saneamento

Publicado por o día 08/12/2020 na sección de A.V. Teis,Galicia,Social,Vigo

A A.V. de Teis, demanda que unha parte dos remanentes se destine a construción de beirarrúas e a mellora do saneamento

A Asociación Veciñal de Teis, presentou  varias reclamación durante o período de información pública da modificación orzamentaria  aprobada inicial  polo pleno municipal do pasado 12 de novembro, que suporá un investimento na cidade de 33 millóns de euros.

Desde a Asociación Veciñal de Teis, consideran necesario que unha parte dos remanentes, se destinen a  construción de beirarrúas (400.000 mil euros)  e  outra para a mellora do saneamento na rúa Arnela (110.000 mil euros).

No barrio de Teis, podemos aínda observar como hai rúas que carecen dunha simple beirarrúa nalgunha das marxes. Esta situación supón un  perigo para a veciñanza que vive ou pasar por estás rúas, pois son rúas moi transitadas.

Aquelas rúas nas que sería máis urxente actuar é posíbel construír beirarrúas son a rúa da Oliveira, rúa Gerardo Campos Ramos e a rúa Roris.

Está Asociación leva anos solicitando a este goberno municipal, a necesidade de construír beirarrúas, pero até o de agora non foi unha prioridade, para este goberno municipal.

Tamén é urxente mellorar o saneamento en Teis, pois hai  vivendas na rúa Arnela que carecen de conexión a rede de saneamento   e  verten as augas fecais nun regato que desemboca no regato do Paraixal.

A veciñanza que vive no entorno leva mais de dez anos denunciando está situación, sen que o goberno municipal  e a concesionaria Aqualia, fagan nada para resolver está situación.

Non é lóxico que un barrio como Teis, teña aínda rúas onde non hai unha simple beirarrúa ou que vivendas teñan que verter a un regato por non estar conectadas a rede de saneamento. Mentres destinamos cantidades importantes do orzamento municipal, a iluminación de nadal, bolsas de inglés ou a subvencionar compañías areas.  

Comentar noticia

Your email address will not be published.