A A.V. de Teis, denuncia o abandono do paseo marítimo e do peirao da ETEA

Publicado por o día 16/07/2020 na sección de A.V. Teis,Galicia,Social,Vigo

A A.V. de Teis, denuncia o abandono do paseo marítimo e do peirao da ETEA

A Asociación Veciñal de Teis, quer denunciar publicamente o abandono do paseo marítimo e do peirao da ETEA, debido a falta de mantemento destes espazos. Este ano a Asociación dirixiuse por escrito no mes de maio e xuño, esixindo ao Concello de Vigo, a roza da vexetación, a colocación de papeleiras e a limpeza destes espazos.

O paseo marítimo, realizado polo Concello de Vigo en 2011, ten 1300 metros. O paseo carece de papeleiras, non se realiza un traballo de mantemento habitual do mesmo, onde tamén abunda a vexetación e o lixo. A falta de papeleiras provoca que a veciñanza este amoreando o lixo nun saco de recollida de material das obras. Ademais, o paseo bordea a praia da Punta e o firme esta moi deteriorado.

Desde a Asociación Veciñal de Teis, acusamos ao Concello de Vigo, da situación de abandono do paseo marítimo e do peirao da ETEA.

A falta de coordinación e entendemento entre ambas administracións Xunta e Concello, que non é a primeira vez que se produce a ETEA,  só prexudica a veciñanza de Teis.

Por último, esiximos do Concello de Vigo que  de xeito inmediato se encargue de manter en condicións o paseo marítimo e o peirao da ETEA.  concluye Anxo Iglesias Covelo Secretario da A.V. de Teis.

Reportaxe fotográfico

Comentar noticia

Your email address will not be published.