A A.V. de Teis denunicia o abandono do parque público do paseo Marítimo e do peirao da ETEA

A Asociación acusa a Xunta e ao Concello da situación deste espazos.
Publicado por o día 26/05/2020 na sección de A.V. Teis,Galicia,Social,Vigo

A A.V. de Teis denunicia o abandono do parque público do paseo Marítimo e do peirao da ETEA

A Asociación Veciñal de Teis, dirixiuse por escrito hai máis dunha semana ao Concello de Vigo e a Xunta de Galiza, para esixir o mantemento do espazos públicos na ETEA, tanto do parque público, paseo marítimo e peirao da ETEA. 

Parque publico

As zonas verdes están abandonadas, a vexetación invade o parque, hai lixo no chan, as papeleiras non se baleiran. É necesario que se realice periodicamente o mantemento deste parque e  dos espazos verdes. O parque público,construíno a Consellaría de Infraestruturas en 2013

Paseo marítimo e peirao

O paseo marítimo, realizado polo Concello de Vigo en 2011. O paseo carece de papeleiras, non se realiza un traballo de mantemento habitual do mesmo, onde tamén abunda a vexetación. Ademais o paseo bordea a praia da Punta e o firme esta moi deteriorado. O paseo marítimo, obra realizada polo Concello de Vigo en 2011

Desde a Asociación Veciñal de Teis, acusamos a Xunta de Galiza e o Concello de Vigo, da situación de abandono do parque público, do paseo marítimo e do peirao da ETEA.

A falta de coordinación e entendemento entre ambas administracións, que non é a primeira vez que se producen a ETEA,  só prexudica a veciñanza de Teis. 

Por último, esiximos do Concello de Vigo e da Xunta de Galiza, que  de xeito inmediato se encarguen de manter en condicións o paseo marítimo, o parque público e o peirao da ETEA. 

Fotoreportaxe

Comentar noticia

Your email address will not be published.