A A.V. de teis realiza un acto informativo sobre o PXOM de Vigo

Será este mércores 5 de agosto ás 19:30 H, no I.E.S de Teis
Publicado por o día 04/08/2020 na sección de A.V. Teis,Galicia,Social,Vigo

A A.V. de teis realiza un acto informativo sobre o PXOM de Vigo

A Asociación Veciñal de Teis, organiza un acto informativo sobre o borrador de Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) este mércores 5 de agosto ás 19:30 horas, no salón de actos do instituto de ensino secundario de Teis.

Neste acto contaran coa presenza de Juan Colón, avogado especializado en temas urbanísticos.

Na actualidade a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, ten aberto a consulta pública até o 10.08.2020, do procedemento de avaliación ambiental estratéxica da revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal, para que a veciñanza poda presentar alegacións.

Desde a Asociación, critican que o Concello de Vigo, non realizara ningunha xuntanza coa esta Asociación, nin organizará actos explicativos nos barrios e nas parroquias, para explicar a veciñanza o borrador do PXOM. Non chega con por o documento do PXOM na páxina web do Concello.

Comentar noticia

Your email address will not be published.