A A.VV. Novo Vigo celebra o seu “VI Navia parque D’ARTE”

Desde a A.VV. Novo Vigo queremos convidarvos ao “VI Navia Parque D’Arte”​, que derá lugar os vindeiros venres 28 (presentación ás 19:00h) e sábado día 29 de setembro (a partires das 11:30h) na rúa As Teixugueiras​.
Publicado por o día 26/09/2018 na sección de Cultura,Galicia,Vigo

A A.VV. Novo Vigo celebra o seu “VI Navia parque D’ARTE”

Desde a A.VV. Novo Vigo queremos convidarvos ao “VI Navia Parque D’Arte”​, que derá lugar os vindeiros venres 28 (presentación ás 19:00h) e sábado día 29 de setembro (a partires das 11:30h) na rúa As Teixugueiras​.

Animarvos a vir se queredes pasar un día diferente!

“Navia Parque D’Arte” naceu con moita ilusión para demostrar que a veciñanza de As Teixugueiras coa súa Asociación Veciñal á cabeza, temos un gran interese por promover a arte e a cultura no noso barrio, alcanzando xa o sexto ano de “vida”. Saímos a rúa para enchela de cultura e dar a coñecer as nosas actividades. Tamén convidamos a outras entidades a participar connosco.

Na programación deste ano participan 18 entidades/agrupacións das que poderán disfrutar tanto rapazada como maiores. Inthecisos, Pandega das Teixugueiras, Tacones y Lunares, Estraloque, Anthalis, Suso Cortegoso, Distopía, Solidarias y Violetas, Teta e Coliño, Mil Ramas, Xanotas e Leirotas, As Maimiñas, Indignati, Lohengrín Teatro, Fitciones Pilates, Sala Viguesa de Esgrima Antigua, WS Skateboard School, Vieja Escuela Club de Roller, Escola de Xadrez Can Peón.

Xunto a todas elas encheremos a rúa de actividades… desde un torneo de xadrez (inscrición http://www.canpeon.es/inscripcion.html)… pasando por: Xogos e obradoiros (pintacaras, panel musical, debuxo libre, malabares…), animacións infantis e teatro (contos, commedia dell’Arte, animacións infantis…), música e danza (cantautor, pandeireteiras, sevillanas, breakdance, danza oriental…), exhibicións e deportes (esgrima antiga, patinaxe en liña, pilates…), ata degustación de comida vegana ou recollida de penso e material para protectoras de animais…

Esperámoste en As Teixugueiras os vindeiros días, venres 28 e sábado 29 de setembro!

Enlace ó evento en Facebook: https://www.facebook.com/events/317839318980629/ onde poderedes consultar toda a programación.