A AC O Castro de Vigo organiza unha conferencia con Anselmo López Carreira sobre a familia dos Castro, protagonista da historia baixomedieval galega

Os Castro. Auxe e caída dunha dinastía galega.
Publicado por o día 28/05/2019 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

A AC O Castro de Vigo organiza unha conferencia con Anselmo López Carreira sobre a familia dos Castro, protagonista da historia baixomedieval galega

Este xoves 30 de maio, as 20h a asociación cultural O Castro de Vigo organiza unha conferencia sobre a historia galega no salón de actos da FAVEC. No acto participarán Cruz Martínez Vilas e Anselmo López Carreira. Cruz Martínez Vilas é escritora e presidenta da AC Castro.

Anselmo López Carreira pasa ser un dos historiadores galegos máis coñecidos. É experto no período medieval. É doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi Catedrático de historia no IES Maríña Soliño de Cangas despois logo de ter traballado en Celanova, Verín, Santiago, Barcelona e Hannover. Tamén foi profesor titor na UNED en Ourense. Está ligado ao Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos.

É autor individual dun amplo número de ensaios de investigación histórica (case vinte títulos), centrados na historia medieval de Galiza. Entre eles descata O Reino Medieval de Galicia (2003) e Historia de Galicia (2013) e dunha vintena de artigos de investigación. Publicou o Libro de notas de Álvaro Afonso: Ourense 1434 (edición de textos medievais) e participou en varias obras colectivas. Entre as súas achegas á Historia, destacamos a crítica á historiografía española, que realiza polo miúdo, desmontando as falacias sobre as que está construída, examinando as fontes ás que recorre e confrontándoa con outras, especialmente textos contemporáneos ao período.

Como consecuencia da anterior, aparece a segunda achega. Da análise das diferentes fontes históricas, dedúcese a continuidade do Reino desde a época sueva ata finais do século XV, ou como entidade política independente ou con diferentes graos de autonomía.

Anselmo López Carreira ten colaborado varias veces coa AC O Castro no pasado e destaca pola súa capacidade divulgativa, facendo da Historia unha experiencia amena. Sempre nos trouxo algunha exclusiva.

Nesta conferencia, Os Castro. Auxe e caída dunha dinastía galega, ofreceranos unha panorámica desta casa nobre en acontecementos fundamentais da historia baixomedieval galega.

Máis alá da visión histórica tradicional sobre a Idade Media, o autor achega unha visión novidosa e sorprendente sobre o período.

Comentar noticia

Your email address will not be published.