A actriz e presentadora de televisión será a encargada de ler o pregón o vindeiro sábado 26 no auditorio municipal de Ponteareas

Publicado por o día 16/05/2018 na sección de Galicia,Ponteareas

A actriz e presentadora de televisión será a encargada de ler o pregón o vindeiro sábado 26 no auditorio municipal de Ponteareas

O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, presentou hoxe en Santiago de Compostela á pregoeira das festas do Corpus Christi 2018 nun acto celebrado na biblioteca Consello da Cultura Galega. A actriz e presentadora de televisión, Nieves Rodríguez, será a encargada de ler o pregón o vindeiro sábado 26 no auditorio municipal de Ponteareas. 

Veciña da comarca do Baixo Miño, Nieves Rodríguez, garda entre as súas lembranzas as primeiras visitas ás alfombras florais e o grato recordo que lle deixou o traballo colectivo e a unidade dun pobo para crear arte. 

En Santiago o Alcalde convidou a todos os galegos e galegas a participar nesta festa declarada Ben de Interese Turístico Internacional que cada ano congrega a milleiros de visitantes.

Con dous séculos de historia as alfombras florais do Corpus Christi de Ponteareas son o reflexo da capacidade dun pobo de transmitir unha herdanza e sabedoría popular que entraña diferentes técnicas de deseño, coordinación de equipos e un longo etc de tarefas que durante máis dun mes ocupan o tempo dos  e das alfombristas ponteareás, todo isto transmitido de xeración en xeración.

O goberno de Ponteareas solicitou a declaración de Ben de Interese Cultural Inmaterial (BIC) pola súa longa tradición, por ser unha arte efímera realizada e transmitida polo pobo, pola creatividade que supón e polos coñecementos populares que implica e que son con experiencia son adquiridos, en definitiva, as alfombras florais do Corpus son o reflexo do sentir dun pobo.

Nieves Rodríguez adiantou que no seu pregón as xentes de Ponteareas e os seus e súas alfombristas terán especial protagonismo.

Represas pola súa parte afirmou que nestes intres Ponteareas estase a preparar para ter todo listo para a chegada dos máis de cincuenta mil visitantes que se espera se acheguen a Ponteareas no dous ou tres de xuño. Este ano darase un paso máis na mellora da atención ofrecida aos turistas e cidadáns e incorporarase un punto de atención turística á praza de Bugallal entre outras novidades que irán vendo a luz ao longo destes quince días previos ao Corpus.