A AECC segue demandando un maior esforzo para incrementar as barreiras de acceso ao tabaco a nenos e mozos, así como seguir ampliando os espazos libres de fume

O cancro de pulmón é o máis relacionado co consumo de tabaco, pero existen máis de 15 distintos tipos de tumores que se vinculan como o cancro de larinxe, boca ou estómago. Ademais, hai que sumarlle as enfermidades cardiovasculares e respiratorias
Publicado por o día 30/05/2019 na sección de AECC,Galicia,Social,Vigo

A AECC segue demandando un maior esforzo para incrementar as barreiras de acceso ao tabaco a nenos e mozos, así como seguir ampliando os espazos libres de fume

Con motivo do Día Mundial Sen Tabaco, que se conmemora mañá, 31 de Maio, a Asociación Española Contra o Cancro segue demandando un maior esforzo para incrementar as barreiras de acceso ao tabaco a nenos e novos, así como seguir ampliando os espazos libres de fume.
 
Durante a xornada de mañá, a Sede Local de Vigo da AECC instalará unha mesa informativa de 11 a 13 horas no Farola ( R/Príncipe) para ofrecer información sobre os efectos e riscos do tabaco, así como asesorar en hábitos saudables á poboación viguesa.
 
O tabaco segue sendo un dos maiores de saúde pública, por iso cada ano cobra máis forza o Día Mundial Sen Tabaco. Cabe destacar que o cancro máis relacionado co tabaco é o de pulmón, pero existen 15 distintos tipos de cancro que se vinculan directamente co consumo de tabaco, como o cancro de larinxe, orofaringe, boca, vejiga, páncreas, esófago, fígado e vías biliares e estómago entre outros.
 
A iso hai que sumarlle as enfermidades cardiovasculares e as enfermidades respiratorias. No 2018 diagnosticáronse 27.531 novos casos de cancro de pulmón en España, e preto de 22.500 persoas faleceron no último ano como consecuencia deste tumor. Sen tabaco, o cancro de pulmón podería ser unha enfermidade rara.

Comentar noticia

Your email address will not be published.