A Sede Local de Vigo da Asociación Española Contra o Cancro inaugura mañá, xoves, 7 de novembro, o Rastrillo Solidario ás 12 horas na rúa Hernán Cortés nº 1, ao que acudirán membros da xunta directiva e voluntarios da asociación, acompañados por diferentes autoridades da cidade. Este espazo solidario permanecerá aberto e atendido por voluntarios ata despois de Nadal, e no que se poñerán á venda todo tipo de artigos, desde xoguetes, libros, roupa, obxectos de decoración. As súas portas abrirán de luns a sábado en horario de 11.00 a 13.30 e de 17 a 20.30 horas.
Estes produtos solidarios contribúen a que a AECC continúe apoiando e acompañando a pacientes oncolóxicos e familiares a través de profesionais e voluntarios, ademais de impulsar o financiamento de proxectos de investigación.
Este ano, cúmprese a vixésimo quinta edición do Rastrillo Solidario de Vigo, presentándoo así, como unha cita asentada na axenda da cidade. Todo grazas ao magnífico labor dos voluntarios e a colaboración dos cidadáns que se animan ano tras ano a visitar as instalacións e a realizar varias compras.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.