A Academia Galega de Seguridade Pública publicou entre o pasado venres e hoxe 10 edicións de cursos destinados para o persoal dos servizos de extinción de incendios e salvamento, grupos de emerxencias supramunicipais e servizos municipais de protección civil e emerxencias, así como, un curso destinado para persoal das agrupacións de voluntarios de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia.
Os cursos convocados son Interface urbano forestal, Lei de espectáculos públicos, Redacción de plans de autoprotección para espectáculos públicos e dúas edicións do curso de intervención dos corpos de emerxencias na loita contra a invasión da avespa velutina. Convócanse tamén cursos baseados nas unidades formativas de cualificación profesional de extinción de incendios e salvamento o certificado de profesionalidade de nivel 2 de extinción de incendios e salvamento.
Así como operacións de salvamento en altura e en espazos confinados. Rescate en medios de transporte e en medios acuáticos. Operacións de extinción de incendios forestais. Actuación en sucesos por fenómenos naturais, inundacións, riadas, afundimentos por efecto de terremotos e corrementos de terreo e outros. Apeos, apuntalamentos e saneamentos. Achiques, rescate en ascensores e máquinas, accesos, persoas con enfermidade mental e suicidas, rescate de animais e corte de subministracións.
O persoal que desexe participar nos cursos convocados deberá cubrir o formulario de matricula telemática dispoñible na páxina web da AGASP, http://agasp.xunta.gal.
Noticias de última hora en Vigo