A Agasp convoca un curso práctico de actuación policial dirixido aos Corpos e Forzas de Seguridade que traballan en Galicia

O prazo de presentación de solicitudes participación rematará o día 11 de outubro
Publicado por o día 19/09/2018 na sección de Formación

A Agasp convoca un curso práctico de actuación policial dirixido aos Corpos e Forzas de Seguridade que traballan en Galicia

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria dun curso práctico de actuación policial ante os tribunais con 100 horas lectivas de formación destinado á Policía Local, Garda Civil, Policía Nacional e Policía Autonómica.

O contido do curso inclúe materias como O delito de violencia de xénero e violencia doméstica, O policía como proba periférica nos supostos en que a vítima de violencia de xénero non desexa declarar (a proba por indicios), Delitos contra o patrimonio, Delitos contra a seguridade viaria, As dilixencias urxentes como ferramentas eficaces, Redacción de atestados nos distintos delitos; elementos imprescindibles para a tipificación dos feitos, Interrogatorio polo fiscal e avogado

Impartiranse materias como os dereitos do detido, análise de cada un dos seus dereitos e a súa relación cos dereitos fundamentais, As fases do procedemento,A problemática da instrución de causas penais en partidos xudiciais, O policía como suxeito activo do delito e suxeito pasivo do delito, entre outros temas.

O curso terá lugar na sede da Agasp durante os días 24 e 31 de outubro; 7, 14, 21 e 28 de novembro, 12 e 19 de decembro, 16, 23 e 30 de xaneiro e 6 de febreiro. O persoal que desexe participar no curso convocado nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da Agasp http://agasp.xunta.es, e o prazo de presentación de solicitudes participación rematará o día 11 de outubro de 2018.