A agrupación musical de Goián, celebra o seu concerto do socio, este domingo, baixo a batuta do director Pedro Villarroel

CON MOTIVO DO XX ANIVERSARIO DA BANDA, VAISE REALIZAR UNHA EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA BAIXO O TÍTULO “20 ANOS DA AMG EN IMAXES”.
Por o 10/04/2018 | Sección: Galicia,Tomiño
A agrupación musical de Goián, celebra o seu concerto do socio, este domingo, baixo a batuta do director Pedro Villarroel
Compartir en:

O vindeiro domingo, 15 de abril, ás 18.00 horas, o auditorio de Goián, acollerá o Concerto do Socio 2018, da Agrupación Musical de Goián, baixo a batuta do mestre e director Pedro Villarroel González.

Ademais, con motivo do XX ANIVERSARIO da banda, vaise realizar unha exposición fotográfica no auditorio baixo o título “20 ANOS DA AMG EN IMAXES”.

Con este concerto, a banda de Goián quere agradecer o apoio do Concello de Tomiño, a Comunidade de Montes de Goián, as casas comerciais e todas as socias e socios, que permiten desenvolver ao longo do ano a súa actividade cultural e educativa.

O concerto contará coa actuación da Banda Infantil de Goián, do grupo de clarinetes “Goianetes” e, finalmente, da Agrupación Musical de Goián, que vai presentar oficialmente a seis novos membros.