A Alameda da Guarda acolle este sábado a II Mostra Asociativa

Publicado por o día 11/09/2018 na sección de A Guarda,Galicia

A Alameda da Guarda acolle este sábado a II Mostra Asociativa

Este sábado día 15 de setembro, a Alameda da Guarda acolle a segunda edición da Mostra Asociativa, un evento multicultural no que as asociacións da vila son as protagonistas dando a coñecer o seu traballo a todos os asistentes.

O evento terá lugar dende as 10:30h da mañá e contará cunha ampla programación con diversas actividades, actuacións, obradoiros, xogos, demostracións, exposición fotográfica, photocall, entre outras.

As diferentes asociacións explicarán o seu traballo nun espazo radio no que os representantes das mesmas darán informacións de interese para o público asistente.

Dende o Concello da Guarda convídase a todos e todas a participar nesta actividade e coñecer de primeira man o traballo e esforzo que se leva a cabo dende as diferentes asociacións da nosa vila, nunha xornada aberta á participación da cidadanía e que pretende converterse nun punto de intercambio de experiencias.

PROGRAMA

10:30h – Apertura da Mostra

Intervencións de membros de asociacións no espazo radio

11:00h – Exhibicións Club Deportivo Baixo Miño

11:30h – Intervencións de membros de asociacións no espazo radio

12:00h – Actuación Do Lusco ó Fusco

12:30h – Intervencións de membros de asociacións no espazo radio

13:00h-13:30h Exhibición Centro Do-Majó

13:30h – Últimas intervencións de membros de asociacións no espazo radio

14:00h – 16:00h – Xantar, convivencia, trae a túa comida e senta con nós. Chocolatada xentileza de Érguete Baixo Miño.

16:30h – 17:00h – Actuación de Na Revolta

17:00h – 17:30h – Mini Torneo a cargo de A Guarda Hockey Liña

17:00h – Obradoiro de batidos saudables e decoración con banderolas a cargo de Érguete Baixo Miño e Cruz Roja Baixo Miño

17:30h Xogos tradicionais a cargo do Sporting Guardés

18:00h – 18:30h – Actuación da Agrupación Musical da Guarda

18:30h – 19:00h – Actuación de Ballet Studio 88

19:00h – 19:30h – Actuación de Xamaraina e do Coro Arpegios Cantábile

19:30h – 20:00h – Actuación Vento Mareiro

20:00h – Concerto de Rock da Asociación Rock´n´Rolla