A alcaldesa asume persoalmente a solución do problema de filtracións de auga do edificio da Fase V de Torneiros, no que xa empezaron as obras que contan cun orzamento de 294.000€ e estarán rematadas en 3 meses

Por o 07/01/2019 | Sección: Galicia,O Porriño
A alcaldesa asume persoalmente a solución do problema de filtracións de auga do edificio da Fase V de Torneiros, no que xa empezaron as obras que contan cun orzamento de 294.000€ e estarán rematadas en 3 meses
Compartir en:

va García de la Torre vén de asumir, persoalmente, a solución ao “gravísimo” problema de filtracións de auga que están a padecer, dende hai anos, os veciños dun edificio da Fase V de Torneiros.

A alcaldesa, que visitou varias veces o lugar e mantivo entrevistas e xuntanzas cos habitantes do inmoble, comprobou que, tal e coma sinalan os informes dos técnicos municipais, o “estado da terraza é desastroso, hai lousas soltas, co perigo que supón para os nenos que xogan aquí, a impermeabilización está esnaquizada, os garaxes anéganse os días que chove, a varanda que hai sobre eles está enferruxada e case solta e as filtracións poden chegar a causar problemas na propia estrutura do edificio”.

294.000€ de orzamento e 3 meses de execución

Tal e coma adiantara aos veciños, e “cumprindo un compromiso persoal que asumirá con eles”, García de la Torre sinala que o Concello aprobou, por vía de urxencia, destinar 294.000€ ao arranxo destas deficiencias.

Este orzamento abrangue, subliña a alcaldesa,  a demolición completa da varanda e a súa substitución por unha nova; o cambio total da cuberta, incluída a capa de impermeabilización; o corte perimetral das paredes exteriores do edificio ate unha altura de 35 centímetros, para rematar con calquera tipo de filtración; a escavación e aterrado dos xardíns ate atopar a “cabeza da forxa” para o seu cambio integral, a colocación de impermeabilizacións bicapa nas partes en pendente de uso peonil e a impermeabilización do muro soterrado.

prazo de execución dos traballos terá unha duración estimada de tres meses“hai que ter en conta que os días de choiva non será posible traballar, polo cal o seu remate pódese atrasar, aínda que está previsto o seu remate en ese tempo”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.