A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo visitou as obras de mellora comprenden o asfaltado dende a entrada da Estrada N550

Publicado por o día 24/09/2018 na sección de Galicia,Mos

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo visitou as obras de mellora comprenden o asfaltado dende a entrada da Estrada N550

O pasado venres visitaron as obras de asfaltado do Camiño de Quirincosta Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Alberto Mendez, Teniente alcalde de Mos, Mercedes Cabaleiro Villar, presidenta da Asociación de Veciños Chan do Bosque de Ameirolongo e diferentes membros da directiva de dita Asociación.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo informou de que as obras de mellora comprenden o asfaltado dende a entrada da Estrada N550 Porriño a Redondela ata o camino de Fontaiña en Cerqueiras, parroquia de Sanguiñeda; dándolle resposta así a unha petición da Asociación de Veciños de Ameirolongo e da “Mesa do Camiño” mellorando así este tramo tan transitado por peregrinos ao seu paso polo municipio.


Neste sentido a rexedora local mosense declarou que “seguimos a mellorar o Camiño de Santiago para que todos os visitantes se sintan a gusto no noso municipio”.

A execución deste proxecto conta cunha subvencións de fondos propios da consellería de Medio Rural a través da axencia de Desenvolvemento Rural; o custe total que supón esta axuda económica é de 44.936 euros.