A alcaldesa de O Porriño sufriu un accidente de tráfico na autovía

Publicado por o día 21/08/2019 na sección de Galicia,O Porriño,Sucesos

A alcaldesa de O Porriño sufriu un accidente de tráfico na autovía

Eva García, alcaldesa do Porriño sufriu esta mañán un accidente de tráfico cando se dirixía a Guillarei para asistir a unha reunión do Consorcio de Augas do Louro. Foi unha colisión lateral con outros dous vehículos cando realizaba unha manobra de adiantamento.

A alcaldesa atopabase ben pero por precaución a ambulancia que atendeu o sinistro recomendeu o seu traslado a un centro hospitalario. Finalmente foi levada ó Hospital Vithas Fátima para un chequeo. Diagnosticaronlle unha lesión cervical.

Namentres o gabinete da Alcaldía anulou a axenda de Eva García De la Torre para hoxe.