A alcaldesa trata co Conselleiro de Cultura necesidades culturais municipais

Reuniuse con Román Rodríguez na que foi a segunda da rolda de visitas iniciadas co goberno de Galicia
Por o 06/08/2019 | Sección: Galicia,Mos
A alcaldesa trata co Conselleiro de Cultura necesidades culturais municipais
Compartir en:

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura mosense, Sara Cebreiro, veñen de reunirse en Santiago de Compostela co Conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, nunha xuntanza incluída na rolda de visitas que a rexedora local iniciou fai uns días co goberno de Galicia.

Os temas tratados por Arévalo e Cebreiro co representante autonómico foron as necesidades a longo prazo por parte das asociacións culturais do Concello de Mos, a colaboración por parte da Xunta de Galicia coa programación cultural municipal, así como coa promoción do Camiño de Santiago Portugués ao seu paso pola localidade mosense, para telo perfectamente preparado e á altura do vindeiro Xacobeo 2021.

Por último, o conselleiro Román Rodríguez adquiriu coas representantes municipais o compromiso por parte da consellería de Cultura de apioar económicamente á Fundación Pazo de Mos mediante a sinatura dun convenio para a mellora e o mantemento das instalacións do Pazo de Mos, complementario á obra que por parte da Fundación xa se atopan acometendo actualmente na súa contorna.

Comentar noticia

Your email address will not be published.