A ampliación do paseo do Lagares, en exposición pública

O Diario Oficial de Galicia publica este xoves o anuncio de aprobación inicial do proxecto de expropiación para a execución da senda fluvial do río Lagares, no tramo entre Manuel Álvarez e a Avenida de Madrid. Os afectados poden presentar alegacións durante un mes, informou Abel Caballero.
Publicado por o día 04/04/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

A ampliación do paseo do Lagares, en exposición pública

O Diario Oficial de Galicia publica este xoves o anuncio de aprobación inicial do proxecto de expropiación para a execución da senda fluvial do río Lagares, no tramo entre Manuel Álvarez e a Avenida de Madrid. Os afectados poden presentar alegacións durante un mes, informou Abel Caballero.

O DOG publica a relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación, nun trazado dividido en sete tramos continuos que afecta a 96 parcelas da zona próxima ao río, segundo comunicou este xoves o alcalde de Vigo.

O período de exposición pública é dun mes, prazo no que os interesados poden presentar as súas alegacións. Caballero explicou que o Concello notifica as taxacións de forma individual a aquelas persoas que figuren como titulares de bens e dereitos no expediente.