A app Vigo permite consultar en tempo real as prazas libres en 5 parkings da cidade

A aplicación Vigo dará conta do estado de ocupación dos aparcamentos da cidade. Nun primeiro momento, a app ofrecerá información sobre cinco instalacións (Policarpo Sanz, Areal, Urzáiz, Independencia e Pintor Colmeiro) pero está previsto que paulatinamente se sumen o resto de parkings, segundo avanzou esta mañá o alcalde.
Publicado por o día 19/08/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

A app Vigo permite consultar en tempo real as prazas libres en 5 parkings da cidade

A aplicación Vigo dará conta do estado de ocupación dos aparcamentos da cidade. Nun primeiro momento, a app ofrecerá información sobre cinco instalacións (Policarpo Sanz, Areal, Urzáiz, Independencia e Pintor Colmeiro) pero está previsto que paulatinamente se sumen o resto de parkings, segundo avanzou esta mañá o alcalde. 

Abel Caballero explicou esta mañá que a última versión da app Vigo (1.1.3) permitirá consultar a partir de hoxe en tempo real o número de prazas libres nos seguintes aparcamentos: Policarpo Sanz, Areal, Urzáiz, Independencia e Pintor Colmeiro. Está previsto ir incorporando información do resto de parkings da cidade, dado o “interesante” que resulta esta información tamén para o número de turistas, cada vez maior, que está a recibir a cidade.

En menos dun ano, indicou o rexedor, a app Vigo converteuse nunha das aplicacións cidade máis completas das “smart cities” españolas e unha das mellores valoradas polos usuarios, cun 4,7 sobre 5. Desde o seu lanzamento, o 14 de novembro de 2018, a aplicación instalouse en máis de 20.000 dispositivos, dos que un 83% son Android e un 17% son IOS.

Na sección “Mellorar a cidade” rexistráronse máis de 2.000 cidadáns que xeraron máis de 2.700 propostas de mellora nos últimos 8 meses, unha información moi prezada polo que a “estimulamos” desde o Concello. A app Vigo foi seleccionada por Google como número 1 en aplicacións populares no seu primeiro fin de semana de lanzamento debido aos seus máis de 1.000 descargas en 2 días.

En rolda de prensa Caballero avanzou próximas novidades e seccións como é o Proxecto de cidade interactiva para finais de 2019, que permitirá o uso da app como audioguía interactiva en museos, rutas turísticas ou en Vigozoo. Tamén facilitará información sobre farmacias de garda, de limpeza, mapas da cidade ou mobilidade en bicicleta.

Esta aplicación funciona sobre a plataforma municipal smart city VBC+, Vigo Cidade Intelixente, premio Galicia 2015 e premio Smart City 2015. Ademais, este ano o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades recoñeceu o esforzo innovador do Concello de Vigo outorgando a distinción “Cidade da Ciencia e a Innovación”, xunto con Barcelona.

Comentar noticia

Your email address will not be published.