A área de Vigo despediu a promoción de residentes máis grande da súa historia Abre nunha nova ventá

Un total de 79 residentes finalizaron onte a súa formación como especialistas na área de Vigo
Publicado por o día 16/05/2019 na sección de Galicia,Sanidad,Vigo

A área de Vigo despediu a promoción de residentes máis grande da súa historia Abre nunha nova ventá

O Hospital Álvaro Cunqueiro acolleu o acto de despedida dos 79 residentes que concluíron este ano o seu período de formación como especialistas, tanto médicos como enfermeiras.

Os novos facultativos especialistas pasaron catro ou cinco anos, dependendo da especialidade, nos distintos servizos, mentres que as novas enfermeiras especialistas formáronse durante dous anos.

No transcurso deste evento -presidido polo xerente da EOXI de Vigo, Félix Rubialimpartiuse unha lección maxistral, que este ano correu a cargo do doutor Fernando Domínguez Freire, urólogo do Chuvi que falou sobre “Los orígenes de la medicina civil municipal en la ciudad de Vigo. De la caridad a la asistencia”.

Entrega de orlas

Os 79 novos especialistas recibiron unha copia da orla oficial, ademais dun agasallo institucional da EOXI de Vigo. Os residentes que onte terminaron o seu período de formación distribúense en case todos os servizos: 1 especialista en Análises Clínicas; 1 en Anatomía Patolóxica; 4 en Anestesia e Reanimación; 1 en Anxioloxía e Cirurxía Vascular; 1 en Cardioloxía; 2 en Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía; 2 en Cirurxía Xeral e Aparello Dixestivo; 2 en Farmacia Hospitalaria; 1 en Hematoloxía e Hemoterapia; 20 en Medicina Familiar e Comunitaria; 2 en Medicina Interna; 1 Medicina Intensiva; 1 en Medicina Nuclear; 1 en Neuroloxía; 1 Neurocirurxía; 3 en
Obstetricia e Xinecoloxía; 2 en Oftalmoloxía; 1 en Oncoloxía Médica; 1 en Oncoloxía Radioterápica; 1 en Otorrinolaringoloxía; 4 en Pediatría; 1 en Pneumoloxía; 1 en Psicoloxía Clínica; 2 en Psiquiatría; 3 en Radiodiagnóstico; 1 en Uroloxía; e 1 en Xeriatría.

Tamén concluíron onte a súa formación 7 especialistas en Enfermaría Familiar e Comunitaria, 4 máis en Enfermaría Pediátrica, 2 enfermeiras especialistas en Saúde Mental, e 4 matronas especialistas.

A EOXI de Vigo ten, nos distintos cursos de formación de especialistas, a 308 graduados en distintos anos, tanto en hospitais como en centros de saúde. Premios de investigación de facultativos e enfermeiras residentes. No transcurso do acto tamén se fíxo entrega dos Premios “Rosa Díaz” e “Begoña Domínguez” á investigación dos residentes durante a súa etapa de formación, que recoñecen aos mellores estudos realizados. Esta é a primeira edición da categoría dos premios “Begoña Domínguez” -chamados así en homenaxe a esta enfermeira e subdirectora da área sanitaria de Vigo falecida hai máis dun ano- e dirixidos a potenciar a investigación entre o colectivo da enfermaría.

O primeiro premio Rosa Díaz foi para José Luis Thenier Villa, residente de Neurocirurxía, polo traballo: “Cambios hemodinámicos durante el tratamiento de múltiples aneurismas intracraneales: un estudio de dinámica de fluidos computacional”, publicado na Revista World Neurosurgery; e o segundo premio recaeu en Victoria Arnalich Montiel, residente de Pneumoloxía por “Test de caminar seis minutos como herramienta para determinar la capacidad de ejercicio y Pronóstico de los pacientes con silicosis” publicado na revista de Archivos de Bronconeumología.

O Premio ao mellor traballo de investigación “Begoña Domínguez” foi para Marta Baz Rodríguez, residente en Enfermaría Familiar e Comunitaria, que leva por título: “Uso problemático de internet en los adolescentes del área sanitaria de Vigo”. Mentres que o Premio ao mellor proxecto de fin de residencia foi para Estefanía Belmonte Urtiaga, residente en Enfermaría Pediatría por “Efectividad de la anestesia tópica como analgesia durante la vacunación en lactantes de dos meses”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.