A área de Vigo rexistra un total de 761 casos activos por coronavirus

Galicia rexistra un total de 2.747 casos activos por coronavirus
Publicado por o día 07/05/2020 na sección de Coronavirus,Galicia,Xunta de Galicia

A área de Vigo rexistra un total de 761 casos activos por coronavirus

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 2.747, deles 643 son da área da Coruña, 170 da de Lugo, 450 da de Ourense, 151 da de Pontevedra, 761 da área de Vigo, 448 da de Santiago, e 124 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 28 permanecen en UCI, 205 están en unidades de hospitalización e 2.514 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 6.959 persoas curadas, rexistrándose 586 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 109.896.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

TOTAL GALICIA
DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS
NÚMERO DE CASOS
2.747

    417 (usuarios)

    262 (profesionais)

FALECEMENTOS
586

    132 (en residencias)

    134 (en hospitais e residencias integradas)

O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 1,7% do total das persoas residentes.

Rexistrouse un falecemento en centro residencial. Este tivo lugar na residencia Claudi-na-Somoza (A Coruña).
Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas
A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía unha páxina web coronavirus.sergas.gal, na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número pódense resolver todas asa dúbidas dos cidadáns ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven a reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara internado cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

Comentar noticia

Your email address will not be published.