A Área Sanitaria de Vigo celebrou hoxe a súa Homenaxe ao persoal dos centros de primaria e hospitalaria xubilado durante o 2020. Este ano, a celebración tivo que ser adaptada aos protocolos de seguridade fronte ao Covid19. Así, en vez de celebrar un acto único e conxunto para todos os homenaxeados, realizáronse varios eventos nesta mesma mañá, co obxecto de evitar grandes concentracións e preservar as distancias de seguridade. Estas despedidas oficiais ao persoal foron presididos polo xerente, Javier Puente.
Aínda que este ano os homenaxeados non puideron estar acompañados polos seus familiares e compañeiros, si puideron sentiron o seu agarimo e respecto a través dos aplausos (virtuais) que lles brindaron; e, por suposto, tampouco faltou a súa merecida alfombra roxa .
En total xubiláronse 179 traballadores de todas as categorías profesionais: 39 facultativos (23 médicos de primaria y 16 hospitalaria); 102 sanitarios non facultativos; e 38 persoal non sanitario.
Nesta homenaxe, entregóuselles uns regalos institucionais: unha serigrafía dunha obra doada pola artista Xavier Magalhaes; así como o documento identificativo a Tarxeta Dourada, en mostra de agradecemento por todo o seu tempo de dedicación ao servizo público de saúde.
Obra de Magalhaes
Este ano tamén continuouse co proxecto de colaboración con artistas galegos. Estes realizan unha doazón dunha obra á Sanidade pública viguesa e autorizan a realización dunha tirada limitada de serigrafías, réplicas do orixinal, numeradas e asinadas polo autor, que constitúen o obsequio conmemorativo ao persoal xubilado. Xavier Magalhaes foi quen doou a obra “Escintileo” (raio de luz), un óleo sobre lenzo.
Tarxeta dourada
A tarxeta dourada, iniciativa posta en marcha hai uns anos, é un documento identificativo que acredita a condición laboral como traballador xubilado da Área Sanitaria de Vigo, e simboliza o respecto e recoñecemento debidos por parte da Institución. Esta tarxeta é ofertada a todo o persoal que anualmente se xubila.
Permite ao persoal en activo dos centros sanitarios públicos identificalo como xubilado do Servizo Galego de Saúde e polo tanto como un compañeiro máis. Ademais,
por cortesía da Cafetaría Apetéceme o persoal xubilado poderá seguir desfrutando dos mesmos descontos que o resto do persoal en activo, tanto na cafetería como nas empresas da cidade coa que manteñen acordos.
Noticias de última hora en Vigo