A área sanitaria de Vigo despediu a 78 residentes

Na actualidade fórmanse nos distintos centros sanitarios públicos 320 residentes, tanto en hospitais como en centros de saúde
Publicado por o día 20/05/2020 na sección de Galicia,Salud,Sanidad,Vigo

A área sanitaria de Vigo despediu a 78 residentes

O Hospital Álvaro Cunqueiro realizou hoxe a despedida oficial dunha nova promoción de residentes que concluíron o seu período de formación como especialistas, tanto médicos como enfermeiras. Este ano, para evitar grandes concentracións de persoas e garantir as medidas preventivas de distanciamento social, esta despedida non efectuouse nun acto institucional conxunto para todos eles, senón en varios eventos con grupos reducidos.

Os novos facultativos especialistas pasaron catro ou cinco anos, dependendo da especialidade, nos distintos servizos, mentres que as novas enfermeiras especialistas formáronse durante dous anos.

No transcurso deste evento -presidido polo xerente da Área Sanitaria de Vigo, Julio García Comesaña- os 78 novos especialistas recibiron unha copia da orla oficial, ademais dun agasallo institucional.

Os residentes que hoxe terminaron o seu período de formación distribúense en case todos os servizos: 1especialista en Análises Clínicas; 2 en Anatomía Patolóxica; 2 en Anestesia e Reanimación; 1 en Anxioloxía e Cirurxía Vascular; 1 en Aparello Dixestivo; 2 en Cardioloxía; 2 en Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía; 1 en Cirurxía Xeral e Aparello Dixestivo; 1 Cirurxía Cardiovascular; 1 Cirurxía Torácica; 1 en Endocrinoloxía e Nutrición; 1 en Hematoloxía e Hemoterapia; 17 en Medicina Familiar e Comunitaria; 1 en Medicina Física e Rehabilitación; 2 en Medicina Interna; 1 Medicina Intensiva; 1 en Medicina Nuclear; 1 de Medicina do Traballo; 2 en Nefroloxía; 1 en Neuroloxía; 1 Neurocirurxía; 2 en Obstetricia e Xinecoloxía; 2 en Oftalmoloxía; 1 en Oncoloxía Médica; 1 en Otorrinolaringoloxía; 4 en Pediatría; 1 en Pneumoloxía; 1 en Psicoloxía Clínica; 2 en Psiquiatría; 2 en Radiodiagnóstico; 1 en Radiofísica Hospitalaria; 1 en Uroloxía; e 1 en Xeriatría.

Tamén concluíron hoxe a súa formación 6 especialistas en Enfermería Familiar e comunitaria, 4 máis en Enfermería Pediátrica, 2 enfermeiras especialistas en Saúde Mental, e 4 matronas especialistas.

Nestes momentos, na Área de Vigo estanse formando un total de 320 graduados, tanto en hospitais como en centros de saúde.

Comentar noticia

Your email address will not be published.