A área sanitaria de Vigo estende o sistema de “POOLING” para o cribado da COVID19 ao persoal dos centros de Atención Primaria

O próximo luns iniciarase o procesamento agrupado de probas PCR para certificar a non circulación do virus entre os profesionais do centro de saúde e do PAC de Val Miñor
Publicado por o día 21/08/2020 na sección de Coronavirus,Galicia,Salud,Sanidad,Vigo

A área sanitaria de Vigo estende o sistema de “POOLING” para o cribado da COVID19 ao persoal dos centros de Atención Primaria

A partires do próximo luns día 24, a xerencia da Área sanitaria comenzará o cribado para a detección do virus Covid19 entre o persoal dos centros de saúde a través do sistema para o procesamento agrupado de mostras PCR, coñecido como “Pooling”.

Así, os primeiros en realizararse a proba será o persoal do centro de saúde e do Punto de Atención Continuada (PAC) de Val Miñor. Un total de 105 traballadores de todas as categorías profesionais. Posteriormente, se irán testando a través deste sistema ao resto dos profesionais dos centros de Atención primaria da área viguesa.

Trátase dunha iniciativa para vixilar e controlar a circulación do virus en áreas estratéxicas, ampliando a capacidade diagnóstica do Covid-19 mediante o procesamento agrupado de mostras PCR diferentes. Isto é, en vez de esperar a que aparezan traballadores con síntomas, realízase unha acción proactiva de busca e identificación daqueles asintomáticos, para controlar o antes posible a aparición de brotes da enfermidade, e garantir áreas estratéxicas libres de virus circulante.

Este sistema xa iniciouse no pasado mes de maio cos profesionais dalgunhas áreas máis críticas do hospital Álvaro Cunqueiro e agora esta implantado en Coidados Intensivos, Urxencias, Hematoloxía e Unidades de Hospitalización Covid (3D e 3C). Así, este persoal, xunto cos usuarios e traballadores das residencias sociosanitarias, é testado periodicamente e de xeito secuencial.

Autotoma e Autorrexistro

No momento actual, o método de recollida da mostra é a autotoma (autorecollida da saliva). Ademais, o persoal conta tamén cun autorexistro, unha aplicación móbil cunha identificación unívoca que a través dun código rexistra cada vez que o profesional se realiza a mostra. Os resultados da análises PCR xa aparecen nesa aplicación, de xeito que o autorrexistro elimina moitos trámites administrativos. Esta metodoloxía mellora e facilita a realización de todo o procedemento.

Para isto, o laboratorio de Microbioloxía, a través da Fundación Biomédica, ven de ampliar a súa estrutura coa incorporación de novos equipos robotizados con capacidade para procesar miles de mostras diarias.

Pooling, ferramenta diagnóstica de gran eficiencia

A xerencia da Área sanitaria de Vigo puxo en marcha, no pasado mes de maio e por primeira vez en España, a técnica “pooling” que permite analizar nun único test as mostras de varios cidadáns, multiplicando a súa capacidade de avaliación.

Consiste en agrupar as mostras de diferentes persoas e procesalas xuntas, como se fosen as dun solo individuo. Se o resultado do procesamento da mostra resultante é negativo, se infire que cada unha das mostras orixinais son tamén negativas, co que se habería aforrado o tempo e capacidade que conlevaría o estudo individual de cada unha das mostras orixinais.

Se, pola contra, o resultado global é positivo, tense que separar as mostras para volvelas a procesar, ou ben dividendo a mostra conxunta en fraccións máis pequenas ou analizando cada unha delas de xeito individual.

Este sistema é unha ferramenta diagnóstica de gran eficiencia xa que permite identificar o antes posible a aparición de brotes da enfermidade, garantir áreas estratéxicas libres de virus circulante e dispoñer de sensibilidade e capacidade analítica para unha detección precoz da infección emerxente nestas zoas.

Polo tanto, resulta de gran eficacia para testar a grupos de persoas en grandes centros de traballo, como persoal sanitario, usuarios e traballadores das residencias sociosanitarias, así como colectivos das áreas industriais.

Comentar noticia

Your email address will not be published.