A área sanitaria de Vigo informou hoxe das 8 primeiras novas prazas do plan de atención primaria

O xerente da área trasladoulle á Comisión de Centro de Atención Primaria e aos xefes de servizo e coordinadores deste nivel asistencial o cronograma previsto e o emprazamento destes primeiros efectivos
Publicado por o día 16/09/2019 na sección de Galicia,Sanidad,Vigo

A área sanitaria de Vigo informou hoxe das 8 primeiras novas prazas do plan de atención primaria

O xerente da EOXI de Vigo, Julio García Comesaña, mantivo hoxe dúas xuntanzas –coa Comisión de Centro de Atención Primaria e cos xefes de servizos e coordinadores deste nivel asistencial- para concretarlles o cronograma previsto e os emprazamentos das oito novas prazas de persoal derivadas do Plan de Atención Primaria de Vigo, e que virán a incrementar os cadros de persoal dos centros de saúde da área viguesa.

Así, trátase de dous fisioterapeutas (un xa incorporado no centro de saúde de Navia na xornada de tarde, e outro a partires do 1 de outubro no Nicolás Peña, tamén en xornada de tarde); e 3 médicos de familia e 3 enfermeiras destinados aos centros de Ponteareas, de tarde; Coia, de mañá; e Lavadores, en xornada deslizante. As incorporacións destes seis novos efectivos será o próximo 1 de outubro ou ben o 1 de novembro (pendentes do concurso de traslados de enfermaría).

Estes primeiros incrementos de recursos humanos na atención primaria viguesa enmárcase nos compromisos adquiridos pola administración sanitaria coa área de Vigo, para ir avanzando no desenvolvemento do Plan de Atención Primaria, que mellorará substancialmente as condicións de traballo dos profesionais e a calidade de atención dos usuarios.