A área sanitaria de Vigo inicia mañá a vacinación da COVID19 na residencia Santa Ana de Ponteareas

Ás 11.00 h. está prevista unha comparecencia pública, no exterior do centro, do primeiro residente vacinado e das autoridades sanitarias
Publicado por o día 28/12/2020 na sección de Coronavirus,Galicia,Ponteareas,Salud,Sanidad

A área sanitaria de Vigo inicia mañá a vacinación da COVID19 na residencia Santa Ana de Ponteareas

A Área Sanitaria de Vigo iniciará mañá, martes día 29, a vacinación fronte a Covid19 na Residencia Santa Ana, de Ponteareas. Así, un equipo de 4 profesionais de enfermaría vaise desprazar a este centro da terceira idade, onde vacinarán a 54 persoas, entre residentes e persoal.

Dado que por motivos de seguridade os medios non poden acceder ao interior do edificio, están previstas unhas declaracións no seu exterior do primeiro residente ao que se lle administre a vacina, que estará acompañado polo xerente da Área Sanitaria de Vigo, Javier Puente, e da directora da Residencia, Elisabeth Mella. A comparecencia terá lugar ás 11.00 horas na entrada principal do centro.

Ademais, se enviará reportaxe gráfico e audiovisual do momento da vacinación.

Comentar noticia

Your email address will not be published.