A área sanitaria de Vigo iniciou hoxe a vacinación da COVID19 na residencia Santa Ana de Ponteareas

A programación inicial desta primeira semana é vacinar a 1.988 persoas de residencias e centros sociosanitarios da área viguesa
Publicado por o día 29/12/2020 na sección de Coronavirus,Salud,Sanidad

A área sanitaria de Vigo iniciou hoxe a vacinación da COVID19 na residencia Santa Ana de Ponteareas

María Bello, de 83 anos, que vive na Residencia Santa Ana de Ponteareas foi a primeira persoa en vacinarse fronte a Covid19 na Área Sanitaria de Vigo. En segundo lugar o fixo Abilio Rama, de 83 anos. Ambos mostraron o seu nerviosismo e emoción neste dia tan especial.

En total, hoxe vacináronse 54 persoas desta residencia, entre usuarios e traballadores. O xerente da Área Sanitaria, Javier Puente, que achegouse ao centro para supervisar o procedemento, agradeceu á dirección da residencia a súa colaboración e felicitou ao equipo de profesionais de enfermaría encargados de administrar a vacina pola súa gran profesionalidade.

A programación inicial para esta primeira semana, que podería estar suxeita a cambios, prevé a vacinación de 1.988 persoas de residencias e centros sociosanitarios da área viguesa. Así, un total de 18 profesionais de enfermaría achegaranse a estos centros para inmunizar a estes colectivos.

Maña, mércores día 30, se vacinará a 495 persoas das Residencia de Maiores DomusVi Bembrive e a de Santa Marta.

O xoves 31 tocaralle a quenda a 765 persoas das seguintes Residencias: María Inmaculada; a Episcopal; El Rocío; Albi-Beade; a de Atención Integral APAMP; Bo día de Castrelos; Mi Casa de Pazos de Borbén; Stella Maris de Nigrán; e Vivendas comunitarias Virgen del Rocío de Redondela.

O día 4 de xaneiro os equipos do Sergas vacinarán a 728 persoas, da Residencia de Sanitas de Vigo; do Centro Residencial e da Residencia Siempre Cuidándote de Tomiño; San Rosendo de Patos; San Telmo de Tui; Santa Teresa e Nuestra Señora del Rosario de A Cañiza; e Virgen de Guadalupe e Fogar Residencial Alondra de Mos.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.