A área sanitaria de Vigo organiza unha exposición artística do persoal polo 30 aniversario do Hospital do Meixoeiro

Un total de 26 traballadoras e traballadores de diferentes categorías profesionais expoñen a súa na Sala de exposicións II da Sede Afundación Vigo
Publicado por o día 16/10/2019 na sección de Galicia,Sanidad,Vigo

A área sanitaria de Vigo organiza unha exposición artística do persoal polo 30 aniversario do Hospital do Meixoeiro

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, inaugurou hoxe a exposición “Arte e Sanidade“, con obras realizadas polo persoal da área sanitaria de Vigo. Esta exposición, foi organizada pola EOXI de Vigo con motivo da celebración do 30 Aniversario do Hospital do Meixoeiro que ten lugar este ano.

Esta mostra colectiva caracterízase pola diversidade, xa que participan 26 traballadoras e traballadoras e traballadores de diferentes categorías profesionais, sanitarios e non sanitarios de atención primaria e hospitalaria (persoal facultativo,de enfermaría, de administración, celadores, telefonistas, etcétera).

Trátase dunha oportunidade para que as traballadoras e traballadores da sanidade pública poidan mostrar a súa faceta artística, xa que a través da expresión artística ábrese unha nova canle de comunicación, producíndose un achegamento entre os mesmos compañeiros e entre profesionais e cidadanía.

A mostra, de pintura e escultura e con temática libre, será exhibida desde o 16 de outubro ao 5 de novembro na Sala de exposicións II da Sede Afundación Vigo (R/ Velázquez Moreno,18).

Comentar noticia

Your email address will not be published.