A área sanitaria de Vigo realiza a cribaxe simultánea de 9.000 traballadores de varios colectivos profesionais

Hoxe iniciouse tamén a realización dos test rápidos de anticorpos a 885 profesionais das garderías e a 500 xornaleiros da vendima
Publicado por o día 27/08/2020 na sección de Coronavirus,Galicia,Salud,Sanidad,Vigo

A área sanitaria de Vigo realiza a cribaxe simultánea de 9.000 traballadores de varios colectivos profesionais

A Área Sanitaria de Vigo está realizando de xeito simultáneo a cribaxe mediante test rápidos de anticorpos de dobre banda a varios colectivos profesionais para determinar as posibles infeccións por COVID-19.

Así, hoxe iniciouse a realización destas probas aos 885 traballadores das garderías da área, que veñen a sumarse aos 7.500 docentes que xa comezaron onte a ser testados. Ademais, tamén se puxeron en marcha os test aos xornaleiros da vendima, un total de 500 temporeros. O obxecto destas iniciativas é procurar un inicio de curso e de campaña da recollida de uva con garantías.

Neste senso, a finalidade é ter cribado a estes colectivos nos próximos 15 días. Para isto foi necesario habilitar – ademais do dispositivo do Meixoeiro-, outro Punto máis de toma e análises de mostras no Hospital Alvaro Cunqueiro (na planta 0) coa finalidade de procesar 700 test diarios entre os dous dispositivos.

Ás persoas as que se lles vai a realizar a proba se lles facilitará unha cita a través do teléfono ou SMS, na que se lles indicará o lugar, dia e hora da toma da mostra.

Mesma cribaxe que a realizada ao persoal do Sergas

A extracción consiste nun proceso sinxelo, que se efectúa mediante “punción capilar”, no que se extrae unha pinga de sangue do dedo e o resultado da mostra pódese coñecer en aproximadamente dez minutos. Se o resultado fose positivo se activará o protocolo establecido, e se realizarán outras probas diagnósticas diferentes.

Os test de dobre banda permiten detectar posibles positivos pero tamén coñecer cales son os positivos activos e cales son os que están inmunizados. Estas probas serven para aumentar a cantidade de casos detectados e aumentan o abanico de diagnóstico, polo que teñen gran utilidade xa que permiten diferenciar entre infección aguda, máis avanzada ou curada.

Esta clase de proba diagnóstica foi a realizada no seu momento para o cribado do persoal do Sergas; posteriormente, realizouse no persoal de servizos esenciais como os corpos e forzas de seguridade; no persoal de protección e extinción de incendios; no servizo de gardacosta ou no das oficinas de farmacia. Precisamente onte remataron as realizadas a este ultimo colectivo e foron testados un millar destes traballadores das farmacias da área de Vigo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.