A área sanitaria de Vigo realiza un cribado masivo da COVID-19 á poboación de Tomiño

Na tarde de hoxe xa comezarán a realizar as PCR no Covid-Auto do Álvaro Cunqueiro a aquelas persoas que de xeito voluntario téñanse inscrito nun listado publicado polo Concello
Publicado por o día 30/12/2020 na sección de Coronavirus,Galicia,Salud,Sanidad,Tomiño

A área sanitaria de Vigo realiza un cribado masivo da COVID-19 á poboación de Tomiño

A Área Sanitaria de Vigo continúa desenvolvendo a estratexia para realizar cribados poboacionais, mediante a realización da proba PCR, a persoas asintomáticas, e detectar aquelas positivas que non presentan síntomas clínicos.

Neste contexto, o Servizo Galego de Saúde, en colaboración co Concello de Tomiño, xa está invitando aos tomiñeses a realizarse unha proba diagnóstica no Covid-Auto do hospital Álvaro Cunqueiro. Esta mesma tarde xa se efectuarán as primeiras probas neste dispositivo.

Para isto, a poboación que de xeito voluntario decida realizarse a PCR, tense que inscribir previamente nun listado publicado polo Concello. Posteriormente, o SERGAS contactará con eles para darlles cita. Con este procedemento se garante una maior participación no cribado masivo, dado que se alguén se apunta voluntariamente, se presupón que non fallará á cita. Polo de agora, desde que esta mañá fora activada a inscrición, xa levan rexistradas a 900 persoas.

Esta decisión adoptouse dada a elevada incidencia da Covid-19 mantida nos últimos días nesta localidade. O obxectivo é captar ao maior número de persoas que estean infectadas pero que non presenten clínica, xa que supoñen un gran risco para a saúde pública; ao ter un bo estado de saúde, continúan desenvolvendo a súa vida habitual e, polo tanto, poden ser potenciais contaxiadores e estar contribuíndo á expansión do virus.

Comentar noticia

Your email address will not be published.