A área sanitaria de Vigo realiza unha obra de remodelación das urxencias pediátricas

Ao inicio da pandemia xa acometérase unha reordenación espacial e asistencial co obxecto de garantir a seguridade
Publicado por o día 08/12/2020 na sección de Galicia,Salud,Sanidad,Vigo

A área sanitaria de Vigo realiza unha obra de remodelación das urxencias pediátricas

A Área Sanitaria de Vigo inicia mañá unha obra para ampliar as Urxencias pediátricas do Álvaro Cunqueiro. Con esta actuación vaise incrementar os espazos de atención aos menores, que ao inicio da pandemia tiveron que reordenarse e delimitarse en aras de garantir as condicións de seguridade necesarias, tanto para os para usuarios como para o persoal.

Así, o obxecto da ampliación é dotar a esta área cunha nova sala de espera e 2 boxes: 1 de traumatoloxía (con sala de iesos) e outro de observación, con dúas camas. Así,a Urxencia pediátrica recuperará 2 boxes que foron asignados no mes de marzo á atención de adultos, e volverá a dispoñer dos 5 boxes que tiñan desde o principio. Ademais se habilitarán dous aseos e se incorporará á esa área o “Sistema Quendas”, sistema automatizado de xestión de tíckets de quendas para os usuarios.

As obras, que teñen unha duración aproximada de un mes, planificáronse de xeito que non repercutan na actividade asistencial e ocasionen as mínimas molestias.

Urxencias pediátricas diferenciadas

No marco do Plan de Continxencia que a Área Sanitaria de Vigo deseñou para a atención aos pacientes con patoloxía relacionada co COVID-19, o servizo de Urxencias de pediatría xa experimentara unha reordenación espacial e asistencial no pasado mes de marzo.

O obxectivo dos movementos realizados era dobre: garantir a seguridade, evitando calquera tipo de contacto entre os pacientes pediátricos e os adultos; e por outra banda, dispoñer dun espazo máis amplo para as Urxencias de adultos. A zoa liberada das Urxencias pediátricas destinouse á atención das patoloxías Non respiratorias de adultos, isto é aos pacientes que achéganse a Urxencias por outros motivos diferentes aos relacionados co coronavirus, ampliando o chamado “circuíto de limpo”.

Así, quedou delimitada aínda máis a área de atención infantil, habilitándose un posto de Admisión de Urxencias pediátricas –propias e independente da de adultos-; un Posto de Triaxe e unha sala de espera para nenos. A porta de acceso exterior é diferente á que víñase utilizando habitualmente para entrar nas Urxencias pediátricas.

No referido a reorganización asistencial, tamén establecéronse dous circuítos de atención, un para a atención dos menores con patoloxías respiratorias, e outro para a o resto de patoloxías.

Comentar noticia

Your email address will not be published.