A Área Sanitaria de Vigo sumouse ao Día Mundial da Hixiene de Mans

Un correcto lavado de mans é unha das medidas mais eficaces para evitar contaxios
Publicado por o día 05/05/2020 na sección de Galicia,Salud,Sanidad,Vigo

A Área Sanitaria de Vigo sumouse ao Día Mundial da Hixiene de Mans

Unha correcta hixiene de mans pode salvar vidas e evitar contaxios e infeccións. “Salva vidas, limpa as mans” é o lema deste ano do Día Mundial da Hixiene de Mans, que se celebra hoxe.

A Área Sanitaria de Vigo quixo sumarse a esta conmemoración coa difusión dun vídeo na que persoal das diferentes categorías profesionais –medicina, enfermaría, celadores, ecétera- insisten na importancia dun correcto lavando de mans na loita contra as infeccións. O obxectivo é conseguir que tanto profesionais como a poboación en xeral extremen o coidado na hixiene de mans nas súas actividades diarias

“Aínda que neste contexto de pandemia témolo máis presente que nunca, aproveitamos o día de hoxe para lembrar a importancia da correcta hixiene de mans no desenvolvemento da nosa actividade tanto para pacientes, para profesionais e para visitantes. E non esquezamos que para unha boa hixiene de mans, no noso traballo é necesario ter as mans sen xoias e as uñas sen esmalte”.

Os expertos coinciden na eficacia probada dunha correcta hixiene de mans para evitar infeccións. A sinxeleza desta práctica e o seu reducido custo -con auga e xabón ou con algunha solución hidroalcohólica- sitúana como a medida máis importante para evitar os contaxios.

Comentar noticia

Your email address will not be published.