A arte efímera das alfombras florais de Ponteareas, potente ferramenta turística

Por o 18/03/2019 | Sección: Galicia,Ponteareas
A arte efímera das alfombras florais de Ponteareas, potente ferramenta turística
Compartir en:

Aquelas primeiras manifestacións florais do ano 1857 gañaron a batalla ao tempo e conseguiron chegar aos nosos días para atraer a atención de estudosos e investigadores que no día de hoxe se reuniron en Ponteareas no marco do I coloquio internacional “O patrimonio etnográfico”.

Neste primeiro coloquio destacouse a necesidade de convertir a tradición dun pobo nunha potente ferramenta do turismo espiritual porque as alfombras florais de Ponteareas van do familiar ao tradicional, as costumes dunha veciñanza traducidas a tradición; van do local ao global, de como o fervor dunha cidadanía atrae a público de diferentes puntos do mundo e da produción dunha arte efímera ao consumo dun produto turístico.

Investigadores e estudosos salientaron a transversalidade desta tradición que durante unha fin de semana reactiva a economía local e pon o nome de Ponteareas en todos os medios de comunicación.

En Ponteareas, os expertos tamén destacaron a importancia da tradición musical que se suma a ese espirito e ao legado do patrimonio natural e histórico e que supón a marca diferenciadora con outros tipos de turismo, colocando a Ponteareas nunha posición de saída relevante para atraer a ollada dun turismo desestacionalizado.

O motor que fixo posible que as alfombras de Corpus de Ponteareas son as e os alfombristas que conseguiron coa súa ilusión e amor contaxiar a múltiples xeracións e é precisamente esta capacidade a que o goberno de Ponteareas quere por en valor.

Conscientes de que ningunha cuantía económica pode estar á altura deste esforzo e traballo pero tamén da necesidade de actualizar e brindar maior apoio, o goberno de Ponteareas ven de aprobar unha subida na subvención á realización de alfombras florais, a primeira subida dende o ano 2004. En resposta á demanda dos alfombristas, dos dous euros por metro cadrado alfombrado, o goberno local incrementa a partida a cinco euros por metro cadrado alfombrado, o que supón un incremento de máis do 60%.

O alcalde Xosé Represas adianta que esta primeira iniciativa permitíu que polo auditorio pasaran expertos das universidades de Vigo, de Santiago, da universidade Miguel Hernández, da universidade de Alicante, da Autónoma de Barcelona e tamén do veciño país de Portugal, universidade de Tràs-os-Montes e University of Algarve que valoraron altamente a capacidade dun pobo de prolongar unha tradición e mesmo de intensifacala atraendo a turistas e visitantes cada ano no día de Corpus.

A estes estudosos sumáronse conferenciantes do Museo do Pobo Galego, da escola de arquitectura Cesuga-USJ, do museo etnolóxico de Ribadavia, do Centro de Estudos e Investigacións Turísticas que compartiron cos nosos e nosas alfombristas impresións, experiencias e coñecementos, todas elas encamiñadas a destacar o interese turístico desta tradición.

Comentar noticia

Your email address will not be published.