A sexta edición do programa inclúe dezaseis medianeiras (San Roque, Aragón, Avenida Ramón Nieto, Cantabria, Avenida Guixar, Avenida Atlántida, Vilagarcía de Arousa, Ronda de Don Bosco, Venezuela, Avenida da Florida, República Arxentina, rúa Coruña, rúa Palencia, IES O Castro, rúa Regueiro e rúa Chao) que se transformarán en obras de arte efímero.
Unha vez conclúa esta edición, a cidade contará con 133 murais nas rúas e colexios da cidade. O importe da iniciativa roza o medio millón de euros, cantidade na que se incorpora unha partida para o mantemento das obras creadas en anos anteriores e a realización de actividades complementarias de carácter cultural.
Noticias de última hora en Vigo