A Asemblea Republicana de Vigo saiu a manifestar o rotundo reixentamento ao monarca español

Publicado por o día 08/12/2020 na sección de Galicia,Protestas,Social,Vigo

A Asemblea Republicana de Vigo saiu a manifestar o rotundo reixentamento ao monarca español

A Asemblea Republicana de Vigo que leva décadas na loita pola República e que por circunstancias derivadas da pandemia provocada pola COVID-19 non puido este ano convocar a manifestación do 14 de abril nin tampouco ningún acto público de carácter republicano, non pode permanecer impasible diante dos constantes escándalos de corrupción que día tras día veñen salpicando á figura do Rei Emérito e, xa que logo, á institución monárquica no seu conxunto.

Por isto, para superar unha Constitución que é de raíz absolutamente antidemocrática e para denunciar a corrupción e as constantes prácticas delituosas da Familia Real, convocou este pasado domingo unha concentración ás 12.00 horas diante do Mercado do Calvario.

A 6 de decembro é a data na que se aprobou a Constitución de 1978, unha Constitución que serviu de punto de partida para unha chamada transición que cada día que pasa amosa as súas feblezas e que aparece como un instrumento inservible que é necesario superar para encetar un novo período constituínte que lle abra as portas a un réxime republicano. Esa constitución de 1978, redactada baixo a sombra do ditador, establece no seu artigo 1.3 que a forma política do Estado español é a Monarquía parlamentaria (só faltaba que fora unha Monarquía absoluta), que a xefatura do estado é hereditaria (artigo, 57.1) e que a figura do Rei é inviolable e non está suxeita a responsabilidade (art, 56.3).

Todos estes artigos contradín manifestamente os máis elementais principios democráticos e ignoran, por completo, a Declaración Universal dos Dereitos Humanos que no seu artigo 1º afirma que “todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos”.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.