A asociación A Voz da Sanidade de Cangas apoia publicamente todas as mobilizacións que convoquen a veciñanza do Hío

A Asociación A Voz Da Sanidade de Cangas apoia todas as movilizacións que convoque a veciñanza de O Hío na defensa da substitución do seu médico
Por o 03/09/2018 | Sección: Cangas,Galicia,Sanidad
A asociación A Voz da Sanidade de Cangas apoia publicamente todas as mobilizacións que convoquen a veciñanza do Hío

A drámatica situación que padece a Atención Primaria está orixinando mobilizacións en toda Galicia durante todo o verán.

O déficit sanitario de Aldán e O Hío é coñecido pola Consellería dende fai anos. En outubro de 2008, a Consellería planifica a construción dun novo Centro de Atención Primaria para ámbalas dúas parroquias nun terreo cedido polo Concello de Cangas. Por desgraza, no estudo presentado o pasado mes de xuño, non se recolle a construción deste novo centro como solución aos problemas sanitarios das parroquias, e fai oídos xordos ás peticións dos veciños e veciñas que fixeron nas enquisas da empresa Gesmédica, onde solicitaban a construción do Centro de Saúde para Aldán e O Hío.

No Pleno do mes de setembro, vaise debatir a moción presentada pola asociación A VOZ DA SANIDADE DE CANGAS, co obxectivo de que toda a Corporación Local se manifeste en contra da decisión da Consellería de pechar o Centro de Saúde de Cangas, para ser trasladado ao futuro CIS de A Rúa. O punto que propoñemos á Corporación é: “Dirixirse e instar á Consellería de Sanidade a que retire do Estudo de necesidades Sanitarias de Atención Primaria Cangas-Moaña a proposta de trasladar o actual Centro de Cangas ao CIS da Rúa”.

Dende a presentación pública do estudo por parte da Consellería, o pasado mes de xuño, esta asociación posicionámonos totalmente en contra de tal decisión posto que trasladar ao EXTRARRADIO DE CANGAS a Atención Primaria é contribuir a súa descapitalización.

As parroquias de Cangas, Darbo e Coiro, NON NECESITAN un novo centro de saúde pero si a ampliación do actual e dotalo de máis recursos, para xirar cara outras políticas sanitarias baseadas na calidade da atención ao paciente, na promoción e prevención da saúde e nos coidados ós enfermos crónicos.

Esta Moción conta co apoio de diferentes asociación de Cangas que comparten connosco a mesma preocupación polo futuro da sanidade en Cangas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.