A Asociación Cultural Festas de Ribadumia segue a traballar arreo para poder celebrar os próximos 15 de xuño, San Antón e San Roque

Publicado por o día 05/04/2019 na sección de Galicia,Ribadumia

A Asociación Cultural Festas de Ribadumia segue a traballar arreo para poder celebrar os próximos 15 de xuño, San Antón e San Roque
A Asociación Cultural Festas de Ribadumia segue a traballar arreo para poder celebrar os próximos 15 de xuño, San Antón e San Roque, e o 20 de xullo, A Virxe do Carme, festas parroquiais que se recuperaron no 2017 e que queremos manter.
Estas celebracions ademáis da parte relixiosa é un xeito de manter e perdurar as nosas tradicións así como os festexos entre os veciños do pobo, algo que forma parte da nosa cultura.
Deste xeito despois do éxito da obra teatral “Deus nos colla confesados” e musical “Tributo al Rey León”, estamos xa a traballar na seguinte proposta.
O próximo 27 de abril as 20:30 horas no Auditorio de Ribadumia terá lugar a estrea dun espectáculo musical da man de As Lembranzas, onde as irmás Merchi e Vanesa Tilve, madriñas das Festas de Ribadumia 2019, se unen para traernos  “Lembranzas entre irmás”, un percorrido pola historia de toda unha vida a través da música de onte, de hoxe e de sempre. Dúas sopranos que deleitarán ó público coas súas voces e coa súa interpretación de grandes éxitos que de seguro traerán milleiros de recordos ós asistentes.
As entradas poderán mercarse a partir da próxima semana na Cafetería Bruselas en Meis, ou no Café Bar Cruceiro Vello ou Cafetería Lareka en Ribadumia. Donativo 5 €.