A asociación cultural O Castro de Vigo organiza unha conferencia con motivo do bicentenario do nacemento de Karl Marx e do centenario do de Louis Althusser

Esta sexta feira 9 de maio, ás 20h00 o acto de presentación será en Vigo na Libraría Andel organiza unha unha conferencia con motivo do bicentenario do nacemento de Karl Marx e do centenario do de Louis Althusser sobre o pensamento destes autores socialistas.
Publicado por o día 03/05/2018 na sección de Cultura,Eventos,Galicia,Vigo

A asociación cultural O Castro de Vigo organiza unha conferencia con motivo do bicentenario do nacemento de Karl Marx e do centenario do de Louis Althusser

Esta sexta feira 9 de maio, ás 20h00 o acto de presentación será en Vigo na Libraría Andel organiza unha unha conferencia con motivo do bicentenario do nacemento de Karl Marx e do centenario do de Louis Althusser sobre o pensamento destes autores socialistas.

No acto participarán Francisco Sampedro, X.L. Romero Falque e X. C. Garrido Couceiro.


Francisco Sampedro é doutor en Filosofía e catedrático de Ensino Medio, e autor de ensaio filosófico e crítica literaria e política. A súa tese de doutoramento O imaxinario ideolóxico (1995) analiza o termo ideoloxía , para estudar os dous usos teóricos que comunmente se recoñecen: uso descritivo e uso pexorativo, como falsa conciencia. Mostra a pertinencia deste último uso para a análise do estatuto filosófico que a ideoloxía posúe no que varios autores recoñecen como a episteme do século XX, constituída polos discursos de Nietzsche, Marx e Freud. Pescuda o concepto de ideoloxía en Bacon e na Ilustración, e o nacemento da ideoloxía como ciencia das ideas en Desttut de Tracy, a teoría conservadora (Pareto, Sorel, Nietzsche…), o fenómeno da inversión ideolóxica en Marx e a teoría da ideoloxía de Althusser.

Á análise do concepto de ideoloxía dedicou os seus traballos Alain Badiou: filosofía, ideoloxía e suxeito, A tinta da xibia (sobre Barthes e a teoría marxista da ideoloxía) e Gianni Vattimo: debilidade e ideoloxía. Ademáis, publicou os ensaios Ideoloxía e distorsión, 1997, Xerais. A aristocracia imposíbel: O discurso político de Nietzsche, 2001, Laiovento. Althusser, 2004, Baía Edicións. A violencia excedente, 2006, Laiovento e Figuras da finitude, 2015, Laiovento.

Traduciu e introduciu as edicións galegas de D’un désastre obscur de Alain Badiou; L’existencialisme estun humanisme de Jean-Paul Sartre, e Robespierre: une politique de la philosophie de Georges Labica. Ténse ocupado tamén da análise cultural e filosófica da obra de Vicente Risco (O nihilismo do inadaptado) e Rafael Dieste (Sobre a vella pel do mundo). É correspondente en Galicia da revista francesa Multitudes e membro do consello de redacción d’ A Trabe de Ouro.

Xosé Lois Romero Falque actualmente é traballador da administración local mais, de formación, é mestre especialista en Xeografía e Historia. Destaca a súa faceta activista. Foi militante da ANPG
e de ERGA e fundador da UMG. Moi membro da executiva da CIG desde a súa fundación até 2001 e foi fundador e portavoz da Corrrente Sindical de Esquerdas.

Xoán Carlos Garrido Couceiro é profesor de filosofía e historiador. Membro da Xunta Directiva Fundación Bautista Álvarez, é director da publicación Terra e Tempo. Colabora con distintas
publicacións periódicas galegas como: A Nosa Terra, Murguía, A Taboada ou Vieiros. Forma parte da Comisión pola memoria Siñor Afranio e foi membro do Consello da Memoria. É autor de estudos sobre pensamento galego (Roberto Blanco Torres, Castelao, Varela Buxán, Uxío Novoneyra…) No campo do audiovisual dirixiu varios traballos, entre eles o titulado A derradeira lección do mestre. Publicou os seguintes libros: Manuel García Barros : loitando sempre, 1995. O pensamento de Castelao, 2000. Manuel García Barros, 2002. e Piñeiro contra Castelao, Castelao contra Piñeiro, 2009.