A asociación cultural O Castro de Vigo presenta en Vigo o libro Memorias dunha vaca marela

Esta mércores 32 de maio, as 20h a asociación cultural O Castro de Vigo presenta o libro Memorias dunha vaca marela.
Publicado por o día 29/05/2018 na sección de Cultura,Galicia,Vigo

A asociación cultural O Castro de Vigo presenta en Vigo o libro Memorias dunha vaca marela

Esta mércores 32 de maio, as 20h a asociación cultural O Castro de Vigo presenta o libro Memorias dunha vaca marela na libreria Andel nas Camelias, no acto participarán Alexandre Insua, Isaura Abelairas Estévez e Alfonso Eiré. Alexandre Insua Moreira é cofundador da AC Castro.

María Isaura Abelairas Rodríguez foi directora do C.E.I.P. Emilia Pardo Bazán de Vigo desde 1993 ata 2007. Ten unha intensa vida política, foi Concelleira de Limpeza e Festas no Concello de Vigo de 1999-2003, deputada provincial desde 2007 e Concelleira de Vías e Obras no Concello de Vigo. No actual mandato ocupou as concellarías de Cultura, Igualdade, Normalización Lingüística e  benestar Social. Actualmente é concelleira da Área de Política Social.

Afonso Eiré López, coñecido como Pucheiro, é un xornalista e escritor galego. Aos 14 anos comezou a colaborar en El Progreso e aos 16 dirixiu a revista xuvenil O Cabeceiro. Estudou xornalismo
na Universidade de Madrid. Colaborou en diversos medios de carácter estatal. En 1977 comezou a traballar en A Nosa Terra encargándose das páxinas deportivas. En 1981, despois dunha crise encargouse de remodelar o semanario e formar un novo equipo e entre 1983 e 2007 foi o seu director. En 2007 ascendeu a conselleiro delegado de A Nosa Terra. Actualmente e comentarista político e presidente da Fundación A Nosa Terra. É autor de numerosos ensaios e obras de ficción.

Pucheiro en Memorias dunha vaca marela fai reaparecer á Cachorra, aquela protagonista de Eu tamén fun coas vacas que, agora, fálanos directamente para contarnos a súa vida. Unha vida que tamén é a transformación dunha explotación gandeira, que vai desde a corte a unha instalación moderna, desde a gandería de subsistencia á explotación industrial. Desde traballar co carro e o arado, ao tractor con aire acondicionado e música estereofónica; desde pacer no monte, a aparición do pastor eléctrico e a estar todo o día na carbaliza; desde a chegada das vacas pintas, á desaparición das vacas marelas…