A Asociación de Comerciantes da contorna do Xeral (ACEX) anima á cidadanía a pasar hoxe con eles o magosto

Así que xa sabedes, vir pasar a tarde noite no primeiro magosto na contorna do antigo Hospital Xeral-Cies, vos esperan as 20h na Praza de Santa Rita
Publicado por o día 11/11/2016 na sección de Eventos,Vigo

A Asociación de Comerciantes da contorna do Xeral (ACEX) anima á cidadanía a pasar hoxe con eles o magosto

“Por san Martín faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto”, di o refrán. E en Ourense ségueno estritamente. Na súa orixe, o magosto era unha festa en torno ao lume e ás castañas asadas coa que os galegos honraban as colleitas. O lume do fogar nas frías noites de primeiros de novembro convidaba a compartir contos e lendas antigas. A noite é tamén o escenario dos magostos das cuadrillas, que facían lume ao aire libre e entre castañas, chourizos asados, viño tinto novo, cancións e contos continuaban unha tradición cuxos elementos, incluída a queimada final, son símbolos de vida e purificadores.

A Asociación de Comerciantes da contorna do Xeral realizase o seu primeiro magosto na Praza de Santa Rita, o primeiro magosto da asociación espera o crepitar das castañas soe por toda a cidade, xa que a festa, popular e espontánea. O magosto empezara as 20h.

As castañas serán de balde e tamén poderán degustar de viños e choripanes a prezos populares mais todo isto amenizado por moi boa música.

Así que xa sabedes, vir pasar a tarde noite no primeiro magosto na contorna do antigo Hospital Xeral-Cies, vos esperan as 20h na Praza de Santa Rita.

Cartaz do evento

ilcanallarubens_magosto-acex_2016