A asociación de comerciantes e empresarios de Travesas manifestan o seu non rotundo ao proxecto Porto Cabral

Publicado por o día 22/07/2017 na sección de Galicia,Social,Vigo

A asociación de comerciantes e empresarios de Travesas manifestan o seu non rotundo ao proxecto Porto Cabral

A directiva da Asociación de comerciantes e empresarios das Travesas (Aetravi) a través dun comunicado que tivo acceso noticiasvigo.es manifestan o seu rotundo non ao proxecto de implantar en Vigo o maior centro comercial de Europa, chamado Porto Cabral promovido por Eurofound Investiments, un fondo de investimento radicado en Luxemburgo, coñecido paraíso fiscal.

Segundo no comunicado veñen manifestar que son moitas as informacións falsas con falsas promesas de emprego e prosperidade que se divulgaron durante estas últimas semanas para “vender” PORTO CABRAL, así como as mentiras dos investidores para manipular ao comercio local de Vigo e arredores ao que non se lle explicou a realidade do que supoñerá dito proxecto para Vigo, así como para os municipios da contorna.

É por iso que dita asociación pon a través deste medio algúns datos que os vigueses e viguesas deben coñecer; non é certo que PORTO CABRAL vaia a crear emprego, posto que son moitos os estudos que demostran que a apertura deste tipo de establecementos implica consecuentemente, o peche de numerosos establecementos do comercio local. As estatísticas indican que por cada 2 empregos que se crean en centros comerciais, destrúense 3 no comercio local, polo que a posta en marcha de Porto Cabral, destruiría moitos miles de empregos en toda a zona.

As tantas de miles de visitas previstas por Porto de Cabral, terán por tanto, un impacto nos comercios de distintos sectores como lecer, roupa, alimentación e bares… que evidentemente deixarían de recibir esa mesma cantidade de visitas ao ano nos distintos barrios de Vigo e concellos da contorna.

A asociación manifesta que as novas opcións de lecer e comercio fose do centro urbano implican que a vida nos barrios de Vigo verase afectada, converténdose aos poucos as cidades en “cidades dormitorio”, co consecuente descenso no consumo nos comercios de barrio e proximidade.

Os investidores de Porto Cabral declararon abertamente en reunións con veciños e diversos colectivos que o resto de centros comerciais deben temer a Porto de Cabral, xa que é un “proxecto gañador”, o que indica a que o impacto negativo non só será no comercio local senón noutros centros comerciais, con posibles peches e a consecuencia perda de postos de traballo nestes, din desde a asociación no comunicado.

O peche obrigado de tendas e todo tipo de comercios nos barrios ten un impacto negativo tamén na vida cultural das cidades, a limitar as opcións culturais e de lecer a aquelas promovidas con maiores recursos económicos como os que podería contar Porto Cabral.

Desde a asociación de comerciantes e empresarios de Travesas polo tanto poñen en coñecemento da veciñanza que non se trata simplemente de opoñerse a un proxecto como Porto Cabral, co impacto negativo que terá sobre todos os vigueses e viguesas, senón en empezar a traballar por fomentar outro tipo de consumo, máis ligado á vida dos barrios e aos produtores da terra. Fomentar outro modelo de consumo e axudar, e na calidade de vida dos vigueses e viguesas.

Asociacións de comerciantes de pobos de ao redor, así como veciños, colectivos e partidos de todos os signos xa se pronunciaron en contra de Porto de Cabral e manifestaron o seu interese en Fomentar esoutro modelo de consumo.