A Asociación de Pacientes e Usuarios do Chus manifesta que o xefe do servizo de Cardioloxía vovle a mentir, chama proxectos de investigación aos convenios do Sergas con Medtronic

O xefe do servizo de Cardioloxía volve a mentir e chama proxectos de investigación aos convenios do Sergas con Medtronic
Publicado por o día 23/08/2019 na sección de Sanidad

A Asociación de Pacientes e Usuarios do Chus manifesta que o xefe do servizo de Cardioloxía vovle a mentir, chama proxectos de investigación aos convenios do Sergas con Medtronic

Comunicado da Asociación de Pacientes e Usuarios do Chus

En relación as afirmacións do Dr. Juanatey na prensa indicando que “cardioloxía do CHUS consegue alta tecnoloxía a través de un proxecto de investigación acordado entre o SERGAS e a multinacional Medtronic”, queremos denunciar que volve de novo a faltar a verdade, como no caso das demoras en consultas. De acordo cos textos dos anexos aos convenios formalizados polo SERGAS ca multinacional de tecnoloxía sanitaria Medtronic Ibérica, S.A. para os servizos de cardioloxía de tres hospitais da comunidade autónoma, aos que tivo acceso a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS, é rotundamente falso que ditos convenios teñan como finalidade a realización dun proxecto de investigación. O denominado “marco operativo integral” que se pretende desenvolver cos citados convenios, non recolle en ningún dos seus apartados as accións que se deben executar para levar a cabo un proxecto de investigación e que require como elemento previo a formulación dunha hipótese. Ao longo do contido dos convenios non se define hipótese ningunha de traballo que deba ser verificada a través do desenvolvemento das actuacións que se van realizar e, polo tanto, o xefe do servizo de cardioloxía do CHUS minte de novo, xa que non estamos ante ningún proxecto de investigación.

En realidade, baixo a fórmula de convenio, encubriuse unha estratexia global da multinacional hacia a cardioloxía do SERGAS e unha relación de carácter contractual ca finalidade de saltarse todas os procedementos, controis e normas de publicidade e competencia que a lei esixe para a contratación de servizos de mellora, seguimento e supervisión dos servizos clínicos e garantir así a Medtronic como socio preferente. A desvergonza chega a tal nivel que nas exposicións de motivos e preámbulos dos convenios asinados a multinacional autoproclámase como compañía líder mundial na fabricación de tecnoloxía médica e declara que co desenvolvemento das actividades obxecto dos convenios fortalecerá a súa posición para ofertar no futuro actuacións de transformación integral a outras unidades clínicas. Mais claro imposible. Incluso recoñecese a integración do persoal directivo da multinacional en órganos expresamente creados para a execución do convenio con presencia a tempo completo no servizo de cardioloxía. A contraprestación que ofrece Medtronic ao SERGAS é a cesión EN USO de equipos de radiodiagnóstico, exclusivamente destinadas para o servizo de cardioloxía e afectados aos obxectivos da multinacional, debendo correr a dotación do persoal e o pago dos consumos por conta da facenda pública. É dicir por conta de todos os pacientes e usuarios, incluso de aqueles que levamos meses ou anos agardando recibir atención sanitaria.

O Sr. Juanatey pretende forxarse unha imaxe de protector dos pacientes a costa de colaborar na privatización de forma éticamente inaceptable dos recursos públicos e facer un uso patrimonializado e exclusivo dos mesmos sen ter en conta outras necesidades mais aló das do seu servicio. Para acadar este obxectivo non ten reparo algún en mentir públicamente a todos os pacientes e usuarios, romper o principio de equidade no acceso a sanidade, e crear un ámbito de discriminación e trato desigual por razón da doenza a través do o uso exclusivo duns equipos que deben poñerse a disposición da demanda conxunta desta área sanitaria para, de verdade, “acortar as listas de espera en probas radiolóxicas” e non o que tenta vender na prensa.

Os pacientes queremos ser tratados como cidadáns conscientes e adultos e recibir un trato baseado no respecto da nosa autonomía persoal e do noso dereito a información e a transparencia. Por elo queremos que non nos mintan, que se fagan públicas as listas de espera de cardioloxía para consultas externas e se poñan os equipos cedidos a disposición de todos os pacientes que o precisemos.