A Asociación de Personal de Sevizos Xerais (PSX) de Galicia discrepepa e mostra o seu malestar ante as diferentes noticias aparecidas sobre propoñer cambios que melloren o sistema sanitario galego

Publicado por o día 13/01/2019 na sección de Sanidad

A Asociación de Personal de Sevizos Xerais (PSX) de Galicia discrepepa e mostra o seu malestar ante as diferentes noticias aparecidas sobre propoñer cambios que melloren o sistema sanitario galego

A Asociación de PSX de Galicia quere transmitir publicamente a súa discrepancia e malestar ante as diferentes noticias aparecidas onte en diversos medios de comunicación nos que transcendían algunhas das cuestións tratadas nunha das reunións dos grupos de traballo creados pola administración para propoñer cambios que melloren o sistema sanitario galego. Soubemos pola prensa que antonte se reuniron membros da administración con representantes do Persoal de Servizos Xerais (PSX). E que as persoas que foron a esa reunión afirmaron que “ven con bos ollos a proposta de facer triaxe a aqueles pacientes que chegan sen cita programada”. Aínda que posteriormente engadiron que “loxicamente non poden aplicar criterios clínicos porque non son sanitarios, pero si propoñen facer un guión de triaxe previo para facilitar o traballo a médicos e enfermeiros. Queren ser máis operativos, polo que demandan información e formación”. 

Tras coñecer esta información sentimos un certo malestar e desconcerto ao descoñecer os criterios que usou a administración para convocar a determinadas persoas e non outras a esa reunión de traballo. Gustaríanos que a Conselleria de Sanidade e o SERGAS aclarasen que razóns lles motivaron para elixir e avalar a representatividade desas persoas. 

Desde a asociación de PSX de Galicia opinamos que non calquera persoa pode arrogarse a capacidade para converterse en portavoz ou representante dun grupo profesional e menos para actuar en nome dun colectivo tan amplo e heteroxéneo como o noso. 

Doutra banda queremos desautorizar as palabras desas persoas que asistiron a esa reunión atribuíndolles a administración unha representatividade que non teñen. E especialmente queremos matizar algunhas das cuestións expostas en relación aos triaxes en atención primaria. 

Triar ou facer un triaxe é un proceso mediante o cal un paciente é valorado á súa chegada ao centro de saúde para determinar a urxencia do problema do paciente e poder xestionar axeitadamente o tempo de atención a ese usuario cos recursos humanos existentes e priorizando aqueles pacientes que deban ser atendidos con maior urxencia. E entendernos que os criterios que deben guiar esa clasificación e filtrado inicial de pacientes deben apoiarse en xuízos fundamentalmente clínicos e diagnósticos que só poden efectuar persoas capacitadas para iso e xa que logo os PSX non somos os profesionais indicados para realizar ningunha clase de triaxe. 

A asociación de PSX de Galicia solicita á administración sanitaria que aclare urxentemente estas cuestións e que esclareza tamén se comparte a visión desas persoas que asistiron a esa reunión de traballo en relación aos procedementos de triaxe en atención primaria. 

Esperamos igualmente que en futuras reunións se teña en conta a opinión dos colectivos profesionais organizados, como a asociación de PSX de Galicia, e tamén ás asociacións e colectivos representativos dos usuarios da sanidade pública.

2 Respuestas a "A Asociación de Personal de Sevizos Xerais (PSX) de Galicia discrepepa e mostra o seu malestar ante as diferentes noticias aparecidas sobre propoñer cambios que melloren o sistema sanitario galego"