A asociación de veciños e comerciantes afectados polas obras das obras do túnel na rúa Elduayen en Vigo: “Canto máis coñecemos o proxecto do túnel da Porta do Sol menos nos gusta”

Publicado por o día 09/09/2019 na sección de Galicia,Vigo

A asociación de veciños e comerciantes afectados polas obras das obras do túnel na rúa Elduayen en Vigo: “Canto máis coñecemos o proxecto do túnel da Porta do Sol menos nos gusta”

Despois das entrevistas realizadas cos técnicos municipais atopámonos co feito de que a improvisación é tremenda: os redactores do proxecto non consideraron a dobre altura na cimentación dos números pares da rúa Elduayen: Elduayen, Rua Alta, manifestan desde a asociación.

A asociación “Tamén se sorprenderon cando manifestamos que o Camiño de Santiago pola costa que procede de Portugal discorre polo Paseo de Alfonso e a Rúa Elduayen. A impresión que tivemos é que non o sabían”.

En relación ás beirarrúas de Elduayen decatámonos que serán minimizadas de forma radical debido ás dúas bocas de tunel e as enormes ramplas de saída e ao solicitar as súas medidas manifestáronnos que entran dentro do mínimo legal permitido, engaden.

Estamos convencidos que impacto paisaxítico será enorme e deslucirá algunhas das partes mais encantadoras da cidade. Vos imaxinais unha boca como esta, que é a de orillamar, metida no medio de Policarpo Sanz? preguntan, que pasará coa vista do Sereno, o edificio O Moderno ou o Simeón: a peonalización debe de ser o contrario da contaminación, o ruído e o feismo, denuncian desde a asociación.