A Asociacion favor das Persoas con Discapacidade Intelectual da provincia de Pontevedra anima a participar na 36 marcha ASPANAEX

Publicado por o día 01/10/2019 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

A Asociacion favor das Persoas con Discapacidade Intelectual da provincia de Pontevedra anima a participar na 36 marcha ASPANAEX

A 36 MARCHA ASPANAEX, evento solidario que consiste en camiñar 9 km (12.000 pasos pola Cidade de Vigo) e que organiza a Asociacion favor das Persoas con Discapacidade Intelectual da provincia de Pontevedra (ASPANAEX), terá lugar o domingo 6 de outubro con saída e chegada do Auditorio do Parque de Castrelos.

Este evento busca a visibilidade das Persoas Con Discapacidade Intelectual e a captación de fondos que se obtén pola inscrición; cuxo importe é de 5 € e de 3€ para as persoas con discapacidade o menores de 10 anos. Esta recadación , irá destinada ao noso gran proxecto que temos entre mans e é a construción dunha residencia para persoas con discapacidade intelectual en nosa cidade, no inmoble cedido pola Tesourería da Seguridade Social, coñecido como Centro de especialidades de Coia na rúa Porrino nº 5 de Vigo.
Coa inscrición regálase unha camiseta e danse DÚAS PEZAS DE QUEBRACABEZAS, unha para a construción dun quebracabezas xigante ao pasar pola rúa do príncipe que simboliza a túa colaboración coa construción da Residencia e outro serve para o sorteo de agasallos entre os participantes.

O venres día 4 de outubro de 17,30 a 22 h e o sábado de 10 a 22 h, estaremos no Corte Ingles (planta deportes), Centro Comercial A Laxe – PLANTA 0 e Centro Comercial Gran Vía, entrada Carrefour, para facer Inscricións e entregar a camiseta e pezas de puzlze.

Comentar noticia

Your email address will not be published.