A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública denuncia que o gasto de Atención Primaria non supon o 32.3% do gasto total

Publicado por o día 01/11/2019 na sección de Sanidad,Social

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública denuncia que o gasto de Atención Primaria non supon o 32.3% do gasto total

Tras analizar os orzamentos sanitarios de Galicia desde a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, veñen a denunciar que contrariamente ao que afirma o Conselleiro de Sanidade o gasto en Atención Primaria non supón en 32,3% do gasto total, senón que é unicamente o 13,2% do mesmo. “Esto mostra o escaso valor que esta administración outorga ao nival máis importante para o sistema sanitario, que resolve máis do 80% dos problemas de saúde e que é o responsable da Promoción e a prevención de saúde” di a asociación. “As mentiras da Consellaría de Sanidade e do Sr. Feijoo, son evidentes, ata cos seus dados” sinala a asociación nun comunicado de prensa.

Segundo os datos que manexa a asociación o crecemento do gasto en AP no ano 2020, respecto do 2019 foi de 44 millóns (8,3%). Mantendo esta tendencia, tardaríamos máis de 15 anos en alcanzar o 25% do gasto sanitario total.”No ano 2009, o orzamento da AP era de 1.436.746.424 de euros. No 2020, será de 1.294.750.665: esto xa o dí todo: 141.995.759 de euros MENOS!” denuncian.

As diferenzas no gasto de persoal son aínda máis importantes e discriminatorias con respecto a Atención Primaria: mentres o gasto sanitario hospitalario representa o 66,4% do gasto total: acapara o 71,6% no capítulo de persoal, fronte ao 28,4% do de Atención Primaria. Este desequilibrio explica o deterioro dos centros de saúde e o malestar de gran parte dos traballadores dos mesmos.

A asociación mandalle unha mensaxe aos sindicatos de clase: “A aposta por unha negociación para o cambio e mellora da Atención Primaria de boa parte das organizacións dos Equipos de Atención Primaria e dos sindicatos de clase, deberá ser correspondida por un cambio radical na actitude da administración sanitaria, que non se reflicte para nada na proposta recollida nestes orzamentos”.

Esta asociacion cree necesario que o SERGAS se comprometa en facer un gran esforzo para poñer na negociación actual, a través do consello técnico de Atención Primaria de Galicia: ampliar os profesionais de persoal médico, de enfermaría, administrativo e sobre todo de novos profesionais (psicoloxía, fisioterapia, traballo social, logopedia ou farmacia clínica

Demandan que a AP precisa profundos cambios organizativos e funcionais, un importante incremento de recursos humanos, materiais e orzamentarios, para facer fronte á masificación, ós atrasos na atención, a deterioración da calidade, resolver as demandas da poboación con criterios de racionalidade evitando mais  medicalización e iatroxenia.

De non ser así a reposta profesional, sindical e cidadá pode alcanzar cotas non vistas ata o de agora, sinalan.

A man segue tendida, pero ten que haber unha pronta resposta, urxen.