A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública ven denunciar como consecuencia da epidemia da gripe a falta de planificación e recortes da sanidade pública

Ante a saturación dos servizos de urxencias en gran parte dos hospitais públicos galegos como consecuencia da epidemia de gripe desde a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública quere denunciar
Por o 12/01/2017 | Sección: Sanidad,Vigo
A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública ven denunciar como consecuencia da epidemia da gripe a falta de planificación e recortes da sanidade pública
Compartir en:

Ante a saturación dos servizos de urxencias en gran parte dos hospitais públicos galegos como consecuencia da epidemia da gripe desde a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública ven a denunciar que acumular a pacientes nos corredores atenta contra a dignidade persoal das persoas doentes, ademais de agravar o sufrimento dos mesmos de xeito innecesario.

Esta situación é a consecuencia dos recortes introducidos no SERGAS (coa escusa da crise) do 18,3% nos orzamentos, 447 camas, máis de 392 medicos/as en centros de saúde e 121 en hospitais e a paralización do Plan Mellora de AP que tiña previsto crear 66 novos centros de saúde e mellorar a súa capacidade resolutiva con novos recursos e equipamento.

A estes recortes habería que engadir a ausencia de Planificación. As epidemias da gripe son periódicas e estacionais e deberían obrigar aos servizos sanitarios a ter previstos recursos para facerlles fronte, manifestan desde a asociación.

É intolerable que os recortes dos servizos públicos para rescatar os bancos (en máis de 60.000 millóns de euros como denunciou o Tribunal de Contas) repercuta na saúde da cidadanía, especialmente dos enfermos crónicos e as persoas de maior idade (que curiosamente son bloque electoral do PP) alegan desde a a asociación.

Desde a asociación veñen a esixir un Plan de Urxencia para abordar as deficiencias de recursos que inclúa a reposición de persoal, camas hospitalarias e centros de saúde, antes que a situación de deterioro sanitario sexa irreversible.

A asociación o teñen moi claro e din que non é a gripe, son  os recortes.