A Asociación Internacional de Portos selecciona o proxecto “Peiraos do Solpor” entre os tres mellores do mundo na integración Porto-Ciudad

Compite contra un consorcio de portos de Estados Unidos e Canadá e un porto coreano, que foron os tres proxectos seleccionados dun total de 45.

A Asociación Internacional de Portos seleccionou o proxecto do Porto de Vigo “ Peiraos do Solpor” como un dos tres mellores do mundo no campo da integración Porto-Ciudad, dentro da categoría de “Diálogo coa comunidade e a cidade portuaria”.

A Autoridade Portuaria de Vigo presentou este proxecto, incluído na súa estratexia Blue Growth, o pasado mes de decembro a estes premios mundiais organizados pola Asociación Internacional de Portos, nos que competía con outros 45 proxectos a nivel mundial.

Finalmente, a Asociación Internacional de Portos preseleccionou o proxecto presentado pola terminal olívica para a votación final, onde Vigo compite contra un

consorcio de portos de Estados Unidos e Canadá e outro proxecto dun porto coreano, que foron os tres proxectos seleccionados dun total de 45.

Votación pública

Todos os proxectos preseleccionados estarán expostos a unha votación pública, aberta ata o próximo 29 de febreiro na páxina web www.sustainableworldports.org.

Os resultados do voto público (30%) xunto coas preferencias do xurado (70%), determinarán conxuntamente os gañadores finais por categoría, que se anunciarán durante a cea de gala da Conferencia Mundial de Portos, que terá lugar en Anveres o próximo 18 de marzo.

A Asociación Internacional de Portos leva anos promovendo unha estratexia de sustentabilidade a nivel mundial coa WPCI (Word Port Climate Iniciative) e, nos dous últimos anos, tentou reforzar a participación dos portos europeos, xa que dita asociación tiña unha maior presenza de portos americanos e de Asia. O Porto de Vigo participa na devandita asociación desde o pasado ano, contribuíndo, desta maneira, con proxectos e iniciativas de Porto Verde, dentro da súa estratexia de crecemento azul.

Recoñecemento internacional

Estar entre a lista dos tres mellores proxectos de integración Porto-Ciudad supón un empuxón e recoñecemento ao proxecto da terminal olívica, xa que, por unha banda, outórgalle

unha maior visibilidade internacional e, por outro, reafírmalle en que a estratexia seguida é a correcta, reforzando o seu carácter innovador e verde.

Xa o ano pasado, este proxecto de xardíns submarinos contou co respaldo da Unesco e, posteriormente, co da Comisión Europea dentro da súa estratexia de crecemento azul e, agora, dentro do seu Pacto Verde Europeo -un ambicioso paquete de medidas que debe permitir que as empresas e os cidadáns europeos benefíciense dunha transición ecolóxica sostible-.

Estado actual do proxecto

O proxecto de “ Peiraos do Solpor” avanza segundo os prazos establecidos. O pasado mes de marzo colocáronse as primeiras estruturas ou arrecifes submarinos e xa se avanzou no deseño e proxecto do observatorio submarino, que estará situado na zona da Laxe, fronte ao edificio de Portocultura. Para a Autoridade Portuaria de Vigo é de rigor que Vigo e o seu Porto teñan un miradoiro ao mar e que mellor “acuario” que a propia Ría.

Ademais, tanto a empresa israelita Econcrete -especialistas en proxectos ecolóxicos a nivel mundial- como a Universidade de Vigo, seguen avanzando en novos deseños de estruturas (arrecifes submarinos) co uso de impresoras 3D cada vez máis sofisticadas e selectivas, para confeccionar ese gran xardín submarino do Porto. Sen dúbida, o apoio da Universidade de Vigo e dos distintos centros de investigación mariños e de empresas privadas como Cardama ou Econcrete, reforzaron o proxecto e achegáronlle unha gran madurez.

Agora, este recoñecemento por parte da Asociación Internacional de Portos, outorga unha maior visibilidade ao potencial que teñen os océanos na captación de CO2 e na loita contra o cambio climático, pero, a Autoridade Portuaria de Vigo non quere quedar só na súa implantación no Porto de Vigo, senón que o seu obxectivo é que sirva de referente para implantarse en máis portos, e seguir demostrando, desta maneira, que a actividade portuaria non é incompatible cun ecosistema san.

Hai que lembrar que Vigo é xa o porto verde de referencia do Sur de Europa e, por iso, e co obxecto de seguir camiñando nesta senda, desde a Autoridade Portuaria de Vigo animamos a todos os vigueses a que estean orgullosos do seu Porto e da súa Ría e, por iso, convidámoslles a votar por Vigo e o seu Porto na páxina web www.sustainableworldports.org ata o próximo 29 de febreiro.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM