A Asociación Nós Mesmas celebra o 11º Orgullo LGTBIQ+ na cidade de Vigo

Hoxe, sábado 29, dende as 17h a Praza da Pedra volverá a ser o centro de celebración do Orgullo LGTBIQ+ Vigo 2019
Publicado por o día 29/06/2019 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

A Asociación Nós Mesmas celebra o 11º Orgullo LGTBIQ+ na cidade de Vigo

Hoxe, sábado 29, dende as 17h a Praza da Pedra volverá a ser o centro de celebración do Orgullo LGTBIQ+ Vigo 2019 e o lugar dende onde partirá a manifestación baixo o lema:

“50 ANOS STONEWALL MAIORES EN LOITA  CONTINUAMOS A SÚA REVOLTA.”

Este ano cúmprense 50 anos das revoltas acontecidas en Stonewall, cúmprense 50 anos de loita e reivindicación. Unha revolta iniciada por a resistencia Trans, por mulleres racializadas e disidentes dunha sociedade que inda hoxe nos marxina. Queremos por o acento nas persoas que iniciaron esta loita e que agora  que son maiores se lles relega a un recuncho esquecendo a nosa historia, esquecendo que grazas a súa loita temos uns dereitos.  Este ano facemos memoria da nosa propia historia e poñemos no centro da reivindicación as persoa  maiores LGTBIQ+ . Lembramos a aquelas persoas ausentes, as que perderon a vida e o seu dereito a vivir libremente a súa sexualidade e a súa identidade, as detidas, as perseguidas, as psiquiatrizadas, as relegadas, porque nós non esquecemos. Vamos a deixar de invisibilizar as persoas maiores. Maiores sen armarios, maiores en loita!!

17h. Arrincamos!! Música+actividades infantís.

18h Obradoiro de batucada, onde a batucada feminista da Asociación Nós Mesmas ensinará a quen asista os ritmos e lemas para tocar na manifestación.

19h Carolina Smith espectáculo cabaret.

20h. Pregón a cargo de Crysti Tojo

20.30h saída da manifestación que fará un percorrido circular (Pedra, Principe, Colon, Policarpo Sanz volvendo A Pedra).

21:30h. Lectura manifesto por Paula Pier.

22h Las supremas.

23h Flow de Toxo.

00h Drag Punto G e Drag Ketty Pinn.

00:15h. Ingrid Mosquera Dj, Dj Noe e DJ Juan Maniac.

3h. Peche.