A Asociación Nós Mesmas certifica ao IES Politécnico como Escola Segura contra a LGTBIfobia.

Hoxe, martes 21 de maio a Asociación Nós Mesmas fará entrega do certificado polo que o IES Politécnico pasa a formar parte da Rede Estatal Escolas Seguras despois de que o instituto asine e se comprometa co proxecto coordinado pola FELGTB (Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Transexuais, Bisexuais e Intersexuais).
Publicado por o día 21/05/2019 na sección de Galicia,Social,Vigo

A Asociación Nós Mesmas certifica ao IES Politécnico como  Escola Segura contra a LGTBIfobia.

Asociación Nós Mesmas, colectivo feminista de loita polos dereitos das mulleres lesbianas, bisexuais e transexuais, é a entidade galega encargada do Proxecto estatal Escolas Seguras, promovido pola FELGTB. Nós Mesmas conta cun Plan de Formación no que se inclúen as charlas para alumnado dende os 3 anos de idade, formación para o profesorado e a inclusión dos centros comprometidos coa loita lgtbi na Rede estatal de Escolas Seguras do que pasará a formar parte o IES Politécnico de Vigo.
Escolas Seguras é un selo de calidade ademais dun compromiso real e activo en prol dos dereitos LGTBI que asumen os centros que entran a formar parte de esta rede. Para formar parte da rede, os centros deben cumprir unha serie de requisitos previos como é “incorporar políticas, programas e accións contra o acoso LGTBI nos documentos de centro para todos os cursos e niveis”ou “designar un ou unha docente de referencia e estudante ou grupo de mediación de estudantes disposto/a a visibilizarse como aliado/a”. Ademais comprométense a organizar sesións de formación e sensibilización con Nós Mesmas, a por en marcha o protocolo de acoso entre iguais no caso de suceder un caso de acoso lgtbfobico, a fomentar a presenza de referentes positivos da diversidade sexual, familiar e de xénero e a realizar celebracións polo día do Orgullo LGTBI, o día internacional contra a LGTBIfobia, etc.
O IES Politécnico de Vigo será o primeiro centro galego en formar parte da Rede Escolas Seguras, firmarán o acordo e recibirán o selo de calidade o martes 21 de maio ás 11.30h dentro dos actos que realiza na súa III Semana pola Diversidade LGTBI.